xoves, 1 de novembro de 2018

Así quedou o ovo en vinagre despois duns días- Infantil 5 anos


Despois duns días agardando a ver que lle sucedía ó ovo sumerxido en vinagre, por fin puidemos comprobar que pasara. Neses días cada vez que botabamos unha ollada, o ovo estaba totalmente cuberto de burbulliñas.
Xa cando cada equipo tivemos o ovo no prato nos quedamos moi moi sorprendidos ó ver que non tiña a cáscara e era super brandiño.







Coprobamos que o ovo  aínda que seguía tendo a mesma apariencia, sen a cáscara era moi blandiño e podía romper se non tiñamos coidado, e así foi nun equipo.







Noutra sesión cubrimos o noso dossier, pegando as fotos dos materiais que utilizamos, numerando o experimento, debuxándoo e escribíndolle un título.





A explicación sinxela, coa que nos quedamos nós, é que o vinagre está formado por sustancias que entran en contacto con outras que hai na cáscara do ovo, que fan que a cáscara desapareza, por unhas burbulliñas que se producen, que a van descompoñendo.


Pero para quen queira unha explicación máis elaborada, pode consultar nesta páxina:





Aquí deixamos unha breve mostra do momento no que observamos os nosos ovos. Qué emoción!!
A un equipo se lle rompeu o ovo nada maís sácalo do vaso.....












Ningún comentario:

Publicar un comentario