Como ben sabedes os nenos e as nenas de 4º de Infantil estivemos traballando as nosas emocións co libro "O monstro de cores".
Amosando publicacións coa etiqueta Cine b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cine b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 9 de xuño de 2016
sábado, 23 de abril de 2016
"Este é o meu cole" por Jacobo Pousada Barreiro
Jacobo Pousada Barreiro preséntanos a través dun video a súa visión do colexio. A película íntegrase dentro do proxecto do colexio "Luces, cámara e acción..." e foi levado a cabo polo alumnado de 4º de Educación Primaria durante os meses de marzo e abril de 2016, dende a aula de Audición e Linguaxe:
- Jacobo Pousada Barreiro (guión, storyboard, localización de planos e actor).
- Leire e Manuel: claqueta
- Carmen e Noé: cámara
- Iris e Álex: realización
Coa colaboración do profe Javi na dirección e a montaxe.
O pasado venres 22 de abril fíxose a estrea de "Este é o meu cole" na nosa Rufiteca ante todo a alumnado do centro. Jacobo fixo unha presentación para toda a escola na que explicou as fases que hai que seguir para facer unha película. Noraboa Jacobo!
(cartaz publicitario feito por Jacobo)
Esta foi a súa presentación
martes, 19 de abril de 2016
Alicia
@s nen@s de 4º de Primaria presentan a súa propia interpretación da historia de Lewis Carroll, "Alicia no país das Marabillas".
Mediante o emprego de tabletas e o programa Cómic Life, desenrolaron toda unha historia marabillosa digna do mesmísimo Tim Burton. Guión, storyboard, fotografía, diálogos e ata o vestiario e a maquillaxe, traballaron arreo neste cómic... Non vos perdades nin unha páxina!
Mediante o emprego de tabletas e o programa Cómic Life, desenrolaron toda unha historia marabillosa digna do mesmísimo Tim Burton. Guión, storyboard, fotografía, diálogos e ata o vestiario e a maquillaxe, traballaron arreo neste cómic... Non vos perdades nin unha páxina!
luns, 11 de abril de 2016
E.T. o extraterrestre
Nestes días o
alumnado de 4º de Educación Infantil estivemos traballando coa película E.T.
A raíz de
observar o mural que hai no corredor do colexio preguntámonos que habería na
cesta desa bicicleta que voa, polo cal decidimos recoller as nosas hipóteses
nun debuxo (o cal explicamos posteriormente aos compañeiros/as). Así descubrimos as
diferentes ideas que tíñamos cada un: algúns dicían que levaba ovos de galiña
para facer tortilla, outros ovos de dinosauro, un bombeiro, un coche de xoguete e mesmo uvas
ou rosca. Velaquí van algúns dos nosos debuxos:
Finalmente
descubrimos que era o que ía na cesta: ERA UN EXTRATERRESTRE QUE SE CHAMA ET e
ten un dedo que fai maxia (aínda que algún de nós pensou que o queimara por
xogar nunha fogueira).
Nas vindeiras
semanas compartiremos co resto do alumnado do ciclo unhas sesións de cine para
ver a súa película. Estamos impacientes!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






