O PASADO MÉRCORES 3O DE OUTUBRO CELEBRAMOS NO COLE O SAMAGOSTO, UNHA MESTURA DE DÚAS FESTAS TRADICIONAIS GALEGAS: O SAMAÍN E O MAGOSTO.
DESDE PRIMEIRAS HORAS DA MAÑÁ O COLE ENCHEUSE DE TERRORÍFICAS CRIATURAS QUE NADA TIÑAN QUE VER CO QUE ATOPAMOS TÓDOLOS DÍAS.
COMEZAMOS ANTES DO RECREO CUN CONTACONTOS A CARGO DE CASILDA, CHEGADA DENDE MOI MOI LONXE PARA CONTARNOS DÚAS HISTORIAS BEN CHULAS AO ALUMNADO DE INFANTIL E DE 1º, 2º E 3º DE PRIMARIA.
A digital slideshow by Smilebox ANTES DE SALIR O RECREO TOCOULLES O TURNO DE "ACTUAR" O ALUMNADO DE 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA COA CANCIÓN DE "SAMAÍN DOS SENTIDOS" QUE TANTO LLE GUSTOU AO RESTO DOS SEUS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS.
DESPOIS DUN RATIÑO DE RECREO AS TRIPAS COMEZABAN A SONAR E GRAZAS Á COLABORACIÓN DA ANPA DO COLE PUIDEMOS DISFRUTAR DUNHAS RIQUÍSIMAS CASTAÑAS ASADAS, XUNTO CON ALGUNHAS FAMILIAS QUE NOS PUIDERON ACOMPAÑAR.
|
This picture slideshow customized with Smilebox |
E PARA FINALIZAR A INTENSA XORNADA CHEGOU O MOMENTO DE XOGAR: XOGOS TRADICIONAIS PARA O ALUMNADO DE PRIMARIA E XOGOS TERRORÍFICOS PARA O ALUMNADO DE INFANTIL.
NOS SEGUINTES ENLACES PODEREDES VER ALGUNHAS FOTOS DESTES DIVERTIDOS MOMENTOS.