Amosando publicacións coa etiqueta saída escolar. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta saída escolar. Amosar todas as publicacións

mércores, 4 de marzo de 2026

SAÍDA AO TEATRO : "MÁIS SABOR!"

Os alumnos e alumnas de 3º e 4º de Primaria tivemos unha excursión moi especial para ir ao teatro a ver a divertida obra “Máis Saaabor!”. Foi unha experiencia chea de música, risas e moita imaxinación.


Nesta ocasión, dous refinados —e moi cómicos— chefs abriron a súa nova casa de xantar na vila. Alí prepararon un menú degustación con sabores dos cinco continentes, pero non era un menú calquera… ¡era un menú moi musical! Mentres cociñaban, aparecían xogos cómicos, trucos de maxia e instrumentos feitos con utensilios de cociña, convertendo os fogóns nun auténtico escenario.


Os protagonistas, ofrecéronnos un espectáculo moi divertido no que aprendemos que a comida pode ser variada, equilibrada e saudable, e que tamén pode estar chea de ritmo e creatividade.


Durante a función non faltaron as gargalladas nin os momentos sorprendentes. Entre música, maxia e moito humor, fixéronnos ver que cociñar tamén pode ser un xogo e unha forma de aprender sobre os alimentos de diferentes partes do mundo.


Foi unha excursión moi especial que nos permitiu gozar do teatro, aprender sobre alimentación e compartir un momento diferente cos compañeiros.


Sen dúbida, saímos do teatro cun sorriso… e con moitas ganas de dicir:

Máis Saaabor! 




martes, 2 de decembro de 2025

CAMINATA ÁS MARISMAS DE ALBA: APRENDENDO A MIRAR A NOSA CONTORNA (3º EP)


Dentro do programa Renaturalízate do Concello de Pontevedra, o alumnado de 3.º de Primaria gozou hoxe dunha enriquecedora camiñata cara ás Marismas de Alba. O obxectivo: observar de preto as árbores que crecen ao redor do río e descubrir algunhas das aves típicas desta época do ano.

 

Durante o percorrido, os nenos e nenas puideron deterse a observar, preguntar e sorprenderse coa variedade de vida que habita tan preto de noso día a día.

Desde a diversidade de especies arbóreas ata o comportamento das aves, cada paso foi unha oportunidade para aprender algo novo.

 

Un agradecemento moi especial ás ambientólogas que nos acompañaron. Grazas ás súas explicacións e entusiasmo, a saída foi un auténtico éxito e permitiu que o alumnado conectase aínda máis coa súa contorna natural.

 

Unha experiencia que, sen dúbida, anímanos a seguir explorando e valorando a riqueza ambiental que nos rodea.

 

Para ver máis fotos, pinchade NESTE ENLACE.




mércores, 26 de novembro de 2025

VISITA A CADENA SER PONTEVEDRA (4ºEP)

O alumnado de 4.º de Primaria viviu hoxe unha experiencia única grazas ao programa educativo dos Premios José Hermida: visitamos os estudos de Radio Cadea SER Pontevedra.

 

Desde que chegamos, o equipo da emisora recibiunos con moita proximidade e entusiasmo. Explicáronnos como funciona a radio por dentro e descubrimos que detrás de cada programa hai un gran traballo en equipo.

Tamén aprendemos a importancia da voz, do guion e da preparación antes de saír en antena.

 

Puidemos entrar no estudo principal, ver aos locutores en acción e observar como se controla o son desde a mesa de mesturas. Mesmo escoitamos nosa propia voz a través dos micrófonos profesionais, o que fixo a visita aínda máis emocionante.

 

Ademais, contáronnos algunhas curiosidades da historia da radio e como evolucionou ata converterse no medio que coñecemos hoxe.

Foi unha oportunidade fantástica para achegarnos ao mundo da comunicación e descubrir unha profesión diferente e chea de creatividade.

A visita terminou cunha pequena charla onde puidemos facer preguntas e compartir as nosas impresións. O interese do alumnado foi enorme!

 

Sen dúbida, foi unha xornada especial que lembraremos durante moito tempo. Agradecemos á Cadea SER Pontevedra a súa amabilidade e ao programa dos Premios José Hermida por ofrecernos esta experiencia tan enriquecedora.

 

Para ver máis fotos, pinchade neste enlace.




DETECTIVES DE ARTE (3ºEP)

Hoxe queremos compartir unha experiencia moi especial: a visita dos alumnos de 3º de Primaria ao Museo de Pontevedra, na que se converteron en auténticos investigadores coa actividade Detectives da arte na que tiveron que resolver un misterio: un roubo ocorrido no museo.

Para desentrañar o caso utilizaron uns cadernos de investigadores, consultaron pistas, examinaron con atención distintas obras, cartelas, esculturas e pinturas, e aprenderon a observar con detalle.

Disfrutaron moito das coleccións que abarcan desde arqueoloxía ata pintura, escultura, cerámica da arte galega. 


Para ver máis fotos, pinchade neste enlace.




martes, 25 de novembro de 2025

VISTA AO MUSEO E ESPECTÁCULO DE MIGALLAS (1º EP)

 Hoxe todos os do 1º ciclo de Primaria visitamos o Museo de Pontevedra para ver ao grupo Migallas no seu espectáculo “Pegadas de Castelao”.

Para ver todas as fotos, pinchade neste enlace.



xoves, 3 de abril de 2025

VISITA AOS BOMBEIROS (1º e 2º EP)

 O xoves 3, o alumnado de 1º e 2º de primaria acudiu a visitar o parque de Bombeiros de Pontevedra.



Foi unha xornada estupenda en que coñecemos as instalacións, os diferentes vehículos, ferramentas e uniformes de traballo.




O máis divertido foi pasar á acción e facer uso das mangueiras.




Moitas gracias bombeiros!!!

luns, 28 de outubro de 2024

TEATRO "CASTELAO" (3º e 4º EP)

 Ou luns 28 de outubro ou alumnado de 3º e 4º de primaria acudiron ó teatro principal para gozar dá obra de teatro“Castelao”.  


 

Unha fermosa obra onde nárrase a historia de Castelao, un neno de 8 anos que comezará un percorrido trepidante.

 


 Disfrutaron moito da xornada!

Para ver máis fotos, PINCHADE NESTE ENLACE


mércores, 25 de setembro de 2024

SAÍDA ESCOLAR: BANDA DE MÚSICA DE SALCEDO (4 e 5 anos. 1º, 2º e 3º EP)

 Hoxe nin o tempo nin a chuvia ían apagar a nosa ilusión porque iamos de excursión a Pontevedra, concretamente ó Pazo da Cultura para disfrutar da Banda de música de Salcedo. Así que, ben abrigadiños cos nosos chubasqueiros, subimos ó autobús coas nosas parellas.







Nada máis chegar, baixamos do bus e entramos no pazo. 


Tivemos un sitio xenial para ver e disfrutar do que ía pasar no escenario.



Estabamos todos os do noso cole xuntiños e disfrutando da música,.


Presentáronnos cada instrumento, como soaba, a que familia pertencía e, ...


...inevitablemente, non puidemos resistirnos e nos deixamos levar pola música.


Ó remtar NON CHOVÍA! Que boa sorte tivemos! Estabamos contentísimos porque o pasáramos moi ben. Agora tocaba voltar o cole e divertirnos un pouco do recreo e dos recunchos.


Tamén nos deron un folleto por se queremos aprender a tocar un instrumento na súa escola e pertencer á banda.


MÁIS FOTOS PINCHANDO NESTE ENLACE

venres, 17 de maio de 2024

VISITA DE 5º E 6º DE PRIMARIA Ó MUSEO DE PONTEVEDRA

 Saída do alumnado de 5° EP E 6 ° EP. ao museo de Pontevedra visitando as súas instalacións e participando nas actividades de " Arqueoloxía" e " Arte Medieval".

Realizada a través de xogos interactivos de procura do tesoro.







xoves, 21 de setembro de 2023

SAÍDA ESCOLAR: CONCERTO DA BANDA DE MÚSICA DE SALCEDO

 Hoxe alumnado de 4 e 5 anos e cursos de primaria acudiron ó Pazo de Cultura de Pontevedra para disfrutar dun marabilloso concerto de música gracias á Banda de Música de Salcedo (Pontevedra)






Moi ilusionados porque a todos nos encanta a música e disfrutamos moito!!!