mércores, 13 de febreiro de 2019
DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
O día 11 de febreiro o alumnado do noso colexio, dende 4º a 6º de EP, participou nun encontro de estudantes no Pazo da Cultura de Pontevedra coa enxeñeira astrofísica da NASA Begoña Vila.
Unha experiencia motivadora que anima ás nenas a loitar e perseverar naquilo que máis lles gusta.
martes, 12 de febreiro de 2019
OBRADOIRO SOBRE A AMIZADE EN 6º ED.PRIMARIA
O alumnado de 6º de primaria levou a cabo un obradoiro que xirou arredor dunha pregunta:
Non tardaron en erguer as mans para respostar:
A partir de ver esta curta, xurdiu unha longa conversa arredor da importancia de ser amigos pese a todo, que o importante é estar sempre unidos e axudarse cando o outro o precisa. Non é importante estar sempre xuntos, a verdadeira amizade é ESTAR SEMPRE AHÍ para cando o precisemos,... Foi moi interesante a temática que mantivo ó alumnado expectante e moi participativo.
E, para finalizar, rematamos con outra curtametraxe que nos fixo ver que, os verdadeiros amigos aparecen...onde menos o agardas: "CUERDAS"
Non tardaron en erguer as mans para respostar:
- Quererse
- Protexerse
- Rir xuntos
- Axudarse
- Respetarse
- ...
Estivemos falando sobre o que era a amizade para cada un e sobre cousas que acontecen que poden unir máis os lazos. Por iso, plantexouse outra pregunta en base a unhas imaxes:
PREGUNTA 1: Que son? semellan valentes ou cobardes?
RESPOSTA 1: Son bolas de polvo e son valentes.
PREGUNTA 1: Que son? semellan valentes ou cobardes?
RESPOSTA 1: Son bolas de polvo e son valentes.
PREGUNTA 2: Que é? semella valente ou cobarde?
RESPOSTA 2: É unha muller limpando e semella CON MOITA VALENTÍA!
PREGUNTA 3: Que son? semellan valentes ou cobardes?
RESPOSTA 3: Son as bolas de polvo de antes pero estabamos errados, son cobardes.
E ahí saíu a seguinte pregunta: estados seguros?
Así que foi o momento ideal para ver a seguinte curtametraxe "AMIGOS DE POLVO":
A partir de ver esta curta, xurdiu unha longa conversa arredor da importancia de ser amigos pese a todo, que o importante é estar sempre unidos e axudarse cando o outro o precisa. Non é importante estar sempre xuntos, a verdadeira amizade é ESTAR SEMPRE AHÍ para cando o precisemos,... Foi moi interesante a temática que mantivo ó alumnado expectante e moi participativo.
(Confesamos que, esta curta, fixo que a moitos se lles escapara algunha que outra bágoa)
domingo, 10 de febreiro de 2019
Saída ao teatro en Educación Infantil e 1º de primaria.
O mércores pasado o alumnado de E. Infantil e o de 1º de primaria, fixemos unha saída ao teatro de A fundación para asistir ao espectáculo "Burbullas de papel".
A cor e son foron dous recursos fundamentais dun espectáculo no que a danza, a música e a expresión corporal foron as grandes protagonistas.
Premede na imaxe de abaixo para ver todas as fotos.
martes, 5 de febreiro de 2019
Día da Paz
Este ano o Día da Paz foi un día diferente no que todo o cole imaxinou un mundo mellor a través das palabras de John Lennon musicadas coa melodía da canción " Imagine".
De seguido cantamos e bailamos todos xuntos ao ritmo doutra canción dos Beatles: " All you need is love".
A celebración rematou cunha grande aperta entre todo o profesorado e alumnado do CEIP Parada Campañó.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)