Amosando publicacións coa etiqueta saídas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta saídas. Amosar todas as publicacións

mércores, 4 de marzo de 2026

SAÍDA AO TEATRO : "MÁIS SABOR!"

Os alumnos e alumnas de 3º e 4º de Primaria tivemos unha excursión moi especial para ir ao teatro a ver a divertida obra “Máis Saaabor!”. Foi unha experiencia chea de música, risas e moita imaxinación.


Nesta ocasión, dous refinados —e moi cómicos— chefs abriron a súa nova casa de xantar na vila. Alí prepararon un menú degustación con sabores dos cinco continentes, pero non era un menú calquera… ¡era un menú moi musical! Mentres cociñaban, aparecían xogos cómicos, trucos de maxia e instrumentos feitos con utensilios de cociña, convertendo os fogóns nun auténtico escenario.


Os protagonistas, ofrecéronnos un espectáculo moi divertido no que aprendemos que a comida pode ser variada, equilibrada e saudable, e que tamén pode estar chea de ritmo e creatividade.


Durante a función non faltaron as gargalladas nin os momentos sorprendentes. Entre música, maxia e moito humor, fixéronnos ver que cociñar tamén pode ser un xogo e unha forma de aprender sobre os alimentos de diferentes partes do mundo.


Foi unha excursión moi especial que nos permitiu gozar do teatro, aprender sobre alimentación e compartir un momento diferente cos compañeiros.


Sen dúbida, saímos do teatro cun sorriso… e con moitas ganas de dicir:

Máis Saaabor! 




martes, 2 de decembro de 2025

CAMINATA ÁS MARISMAS DE ALBA: APRENDENDO A MIRAR A NOSA CONTORNA (3º EP)


Dentro do programa Renaturalízate do Concello de Pontevedra, o alumnado de 3.º de Primaria gozou hoxe dunha enriquecedora camiñata cara ás Marismas de Alba. O obxectivo: observar de preto as árbores que crecen ao redor do río e descubrir algunhas das aves típicas desta época do ano.

 

Durante o percorrido, os nenos e nenas puideron deterse a observar, preguntar e sorprenderse coa variedade de vida que habita tan preto de noso día a día.

Desde a diversidade de especies arbóreas ata o comportamento das aves, cada paso foi unha oportunidade para aprender algo novo.

 

Un agradecemento moi especial ás ambientólogas que nos acompañaron. Grazas ás súas explicacións e entusiasmo, a saída foi un auténtico éxito e permitiu que o alumnado conectase aínda máis coa súa contorna natural.

 

Unha experiencia que, sen dúbida, anímanos a seguir explorando e valorando a riqueza ambiental que nos rodea.

 

Para ver máis fotos, pinchade NESTE ENLACE.




mércores, 26 de novembro de 2025

VISITA A CADENA SER PONTEVEDRA (4ºEP)

O alumnado de 4.º de Primaria viviu hoxe unha experiencia única grazas ao programa educativo dos Premios José Hermida: visitamos os estudos de Radio Cadea SER Pontevedra.

 

Desde que chegamos, o equipo da emisora recibiunos con moita proximidade e entusiasmo. Explicáronnos como funciona a radio por dentro e descubrimos que detrás de cada programa hai un gran traballo en equipo.

Tamén aprendemos a importancia da voz, do guion e da preparación antes de saír en antena.

 

Puidemos entrar no estudo principal, ver aos locutores en acción e observar como se controla o son desde a mesa de mesturas. Mesmo escoitamos nosa propia voz a través dos micrófonos profesionais, o que fixo a visita aínda máis emocionante.

 

Ademais, contáronnos algunhas curiosidades da historia da radio e como evolucionou ata converterse no medio que coñecemos hoxe.

Foi unha oportunidade fantástica para achegarnos ao mundo da comunicación e descubrir unha profesión diferente e chea de creatividade.

A visita terminou cunha pequena charla onde puidemos facer preguntas e compartir as nosas impresións. O interese do alumnado foi enorme!

 

Sen dúbida, foi unha xornada especial que lembraremos durante moito tempo. Agradecemos á Cadea SER Pontevedra a súa amabilidade e ao programa dos Premios José Hermida por ofrecernos esta experiencia tan enriquecedora.

 

Para ver máis fotos, pinchade neste enlace.




DETECTIVES DE ARTE (3ºEP)

Hoxe queremos compartir unha experiencia moi especial: a visita dos alumnos de 3º de Primaria ao Museo de Pontevedra, na que se converteron en auténticos investigadores coa actividade Detectives da arte na que tiveron que resolver un misterio: un roubo ocorrido no museo.

Para desentrañar o caso utilizaron uns cadernos de investigadores, consultaron pistas, examinaron con atención distintas obras, cartelas, esculturas e pinturas, e aprenderon a observar con detalle.

Disfrutaron moito das coleccións que abarcan desde arqueoloxía ata pintura, escultura, cerámica da arte galega. 


Para ver máis fotos, pinchade neste enlace.




martes, 25 de novembro de 2025

VISTA AO MUSEO E ESPECTÁCULO DE MIGALLAS (1º EP)

 Hoxe todos os do 1º ciclo de Primaria visitamos o Museo de Pontevedra para ver ao grupo Migallas no seu espectáculo “Pegadas de Castelao”.

Para ver todas as fotos, pinchade neste enlace.



xoves, 3 de abril de 2025

VISITA AOS BOMBEIROS (1º e 2º EP)

 O xoves 3, o alumnado de 1º e 2º de primaria acudiu a visitar o parque de Bombeiros de Pontevedra.



Foi unha xornada estupenda en que coñecemos as instalacións, os diferentes vehículos, ferramentas e uniformes de traballo.




O máis divertido foi pasar á acción e facer uso das mangueiras.




Moitas gracias bombeiros!!!

luns, 28 de outubro de 2024

TEATRO "CASTELAO" (3º e 4º EP)

 Ou luns 28 de outubro ou alumnado de 3º e 4º de primaria acudiron ó teatro principal para gozar dá obra de teatro“Castelao”.  


 

Unha fermosa obra onde nárrase a historia de Castelao, un neno de 8 anos que comezará un percorrido trepidante.

 


 Disfrutaron moito da xornada!

Para ver máis fotos, PINCHADE NESTE ENLACE


domingo, 13 de febreiro de 2022

ESCALADA

 DURANTE AS ÚLTIMAS SEMANAS O ALUMNADO DE 1º A 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARTICIPOU NUNHA SAÍDA DE ESCALADA NO ROCÓDROMO DA XUNQUEIRA.

ESTA ACTIVIDADE PERTENCE AO LABORATORIO DA INFANCIA ORGANIZADO POLO CONCELLO DE PONTEVEDRA E LEVADO A CABO POR MAREXADA.

NO SEGUINTE VÍDEO PODEREDES VER UN PEQUENO RESUMO NO QUE QUEDA BEN PATENTE TODO O ALTO QUE PODEN CHEGAR AS NENAS E NENOS DO  NOSO COLE.

luns, 8 de novembro de 2021

SAÍDA AO MERCADO MUNICIPAL

 DURANTE VARIOS DÍAS O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA E DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL DO NOSO COLE TIVERON A OPORTUNIDADE DE VISITAR O MERCADO MUNICIPAL DE PONTEVEDRA.

ALÍ PUIDERON VISITAR AS PEIXERÍAS, CARNICERÍAS, FROITERÍAS, CHARCUTERÍAS... QUE HAI NO MERCADO CON TODOS OS SEUS RIQUÍSIMOS PRODUTOS.

ADEMAIS, O ALUMNADO DE 5º DE PRIMARIA APROVEITOU A SAÍDA PARA VISITAR O ESTADIO DE PASARÓN.

GRAZAS AO GANAPÁN E AO CONCELLO DE PONTEVEDRA POR FACELO POSIBLE!!!

mércores, 19 de febreiro de 2020

O LOBO E A LÚA

Hoxe os pequenos da escola fomos a Fundación a ver unha obra de teatro titulada O lobo e a lúa de Baobab teatro.

Había unha vez un pequeno lobo que vivía no Prado Azul e precisaba falar coa Lúa, era moi importante o que lle tiña que dicir, como a lúa estaba moi lonxe non lle escoitaba, así que o lobo tiña que berrar, cos seus berros non deixaba durmir a ninguén, nin a Nina a tartaruga, nin a Duarte o elefante, nin a Miñao o gato malvado.
No seu intento de falar coa lúa coñece a Mariano, un rato falador e divertido que lle axudará, ou quizais non. No prado azul esta noite, ninguén pode durmir!
Gustounos moito e a saída tivemos a sorte de saudar ao lobo.

luns, 3 de febreiro de 2020

CONCERTO CON FUSIÓN

O LUNS 27  O ALUMNADO DE 3º E 4º CURSO DE E.P. ASISITIRON A UN CONCERTO MOI ESPECIAL, "CONCERTO CON FUSIÓN" NUNHA FUNCIÓN DOS lUNS DO PRINCIPAL, INTERPRETADO POLO GRUPO PISCOLE

RESULTOU UN CONCERTO MOI MARCHOSO E PARTICIPATIVO



sábado, 22 de xuño de 2019

Excursión de Educación Infantil a Apípolis



O pasado luns 17 o alumnado de Infantil desfrutamos da nosa excursión de fin de curso, visitando a granxa de abellas, APÍPOLIS.



Xa todos e todas sabiamos moitas cousas sobre as abellas pero aínda así aprendimos algunhas novas e puidemos estar moi pretiño das abellas e do seu habitat, poñéndonos os traxes de apicultores.




Tamén participamos nun obradoiro de galletas feitas con mel, entre outros ingredientes



Visitamos a exposición na que nos contaron cousas interesentísimas e vimos á abella raíña



E probamos mel, ademáis de ver como era o proceso de extracción da mesma e coa cera fixemos candeas.




Tivemos varios momentos de descanso e xogo libre, nos que nos invitaron a unhas ricas galletas para repoñer forzas.




Se queredes ver moitas máis fotos deste día, premede na seguinte imaxe.