Hoxe xoves, un grupo de nais da aula de 4 anos, Diana, Seila, Judith, Pamela e Sandra, viñeron a contarnos e representar un conto clásico, "Os tres porquiños", cun toque moi moi orixinal, e ademáis ó rematar, despois dun "baño" de serpentina coa que espantamos ó lobo, confeccionaron con nós uns petos con forma de porquiños moi chulos.
Nos organizamos en pequenos equipos para dar comezo á actividade, para xa no remate final darlle un toque de silicona a algunhas partes do peto como as orellas, ollos e patas.
O pasamos xenial!! E hai que dicir que elas o fixeron moi moi ben!!
Podedes ver as fotografías da actividade na galería ou pinchando directamente na imaxe inferior.