martes, 30 de xaneiro de 2018

DÍA DE LA PAZ 2018

     Hoxe, 30 de xaneiro, celebramos o DÍA DA PAZ rodeados de todas as persoas que queremos e con todos os compañeiros cos que compartimos o día a día dende hai anos. Non sempre nos damos bicos ou nos dicimos que nos queremos, pero este ano quixemos "roubarnos bicos e abrazos"  porque o cariño, a complicidade e a amistade son uns dos pilares fundamentais da vida escolar dos nenos e mestres. 

     Para iso, quixemos deixalo reflexado nun pequeno vídeo cargado de sentimentos de paz. Para velo, PINCHAR NA IMAXE. Agardamos que vos guste.



Tamén formamos o símbolo da Paz humano entre todas e todos e, para rematar, realizamos o
  "Baile da Paz" do grupo "Mamá Cabra" co que nos movemos e divertimos un montón!!
Seguro que vos arranca máis dun sorriso!! 

Pinchade na imaxe do mural para ver o video. 







sábado, 27 de xaneiro de 2018

Os nosos regalos de Nadal- Infantil 4 anos


Ola familias!
Na primeira semana ó voltar das vacacións de Nadal, do que máis falamos, por suposto, foi sobre os nosos regalos e xoguetes que nos trouxeran os Reis magos e Papá Noel.

Levamos a cabo un pequeno traballo que Ángela recopilou nun libro, e nel, cada un de nós debuxaba o regalo que máis lle gustara, escribía o seu nome e tamén escribía unha pequena descripción, as características que recordaba xa que non o tiñamos na aula.



Previamente isto o fixemos de xeito oral, para o resto de compañeiros e tamén buscamos entre todos en google os nosos regalos, escollendo aquel que máis se parecía.



Xa encuadernado cos traballos de todos, o temos gardado no recanto da biblioteca para dispoñer del cando queiramos, observar os debuxos e as fotos dos xoguetes e ademáis traballar un pouquiño a lecto-escritura xa que  podemos xogar a emparellar o nome de cada xoguete coa tarxeta correspondente, que están pegadas en velcro, en letra minúscula e maiúscula.



 Adicamos a cara de adiante, na que aparece a foto e o debuxo á letra maiúscula



  e a cara de atrás, na que describimos o regalo, ás tarxetas con letra minúscula, para quen queira intentalo.


Como éste, temos outros libros na aula, cos que, ademáis de divertirnos, tamén aprendemos!



No seguinte enlace podedes ver cada un dos regalos elixidos por cada neno, co seu debuxo e a súa descripción, que fixeron de xeito autónomo, sen copiar, senón en función da etapa evolutiva de lecto-escritura na que se atopan: uns escribindo con letras que non se corresponden coas palabras que están escribindo, outros con letras do seu nome, outros dándolle correspondencia a cada sílaba coa vocal que soa e a veces coa consoante......



venres, 26 de xaneiro de 2018

O CARTEL QUE SINALA O CAMIÑO (Bo Camiño! - 3 anos)

     OS DE 3 ANOS SEGUIMOS INVESTIGANDO. Despois de decatarnos de que nos deixaran unha cuncha debuxada, decidimos que tiñamos que coloreala pero...de que cor? A solución era buscar en internet sobre varias cousas, polo que abrimos o buscador Google e escribimos varias opcións en Imaxes:

- Cuncha: non atopamos nada similar
- Cuncha debuxo: tampouco aparecía un debuxo parecido
- Cor de cuncha: nada
- Cuncha peregrino: SI!!!! APARECEU UNHAS IMAXES IGUALIÑAS!!!



     Xa descubrimos cal é a cor da cuncha: AMARELO. Así que decidimos pintala da mesma cor. Así que, por turnos, fumos pintando entre todos o debuxo. Aquí sedes un exemplo dalgumas colaboracións:







     Despois de deixado secar, recortámola pero, cando nos fixamos no debuxo, a cuncha ten un fondo azul e queremos que sea igual que na foto pero que facemos para conseguir o fondo azul:

- Pintar un papel grande de cor azul
- Pegala nun papel azul.

     Esta última opción era mol boa pero precisábamos un papel grande porque a cuncha era grande así que, marchamos explorar o colexio en busca dun sitio onde colocala. Ata que...atopamos o sitio!!

(A misión durou uns 23 min aproximadamente)




     Agora queda pegala pero, como queremos ter a nosa propia sinal coa cuncha, puxémonos mans á obra. E depois de pasar un rato moi divertido entre pinceis, cartulinas e cunchas: TODOS ELABORAMOS OS NOSOS PROPIOS CARTEIS PARA SINALAR O CAMIÑO A SANTIAGO!





mércores, 17 de xaneiro de 2018

COMEZAMOS A AVENTURA NO CAMIÑO! - 3 anos

Hoxe, na aula de 3 anos, apareceu un gran papel con algo debuxado.


Menuda se armou! Quen fixo iso? que debuxara? Era un misterio...Entón comezamos a conversa para determinar que era aquelo debuxado:

Todos dicían que era unha man pero Bruno estaba convencido de que era A SÚA MAN.


  Por iso, puxémonos a comparar as mans co debuxo porque dicían que tiña dedos. Despois de contar un por un, decatámonos que tiñamos soamente 5 dedos, polo que non podía ser un debuxo dunha man xa que alí se percibían 11!! Inmediatamente dixeron que non era unha man de neno porque esa era enorme, polo que tiña que ser a man dun xigante ou dunha bruxa.


 Estivemos deliberando e chegamos á conclusión que aquelo que estaba alí podía non ser unha man, entón rápidamente un contestou que tiña que ser o debuxo dun pé (de todos xeitos, Bruno seguía convencido que o que alí estaba debuxado era a súa man). Estivemos falando que quizais sería outra cousa. Entón, decidimos cambiar o debuxo de posición para ter outra perspectiva da imaxe.


Nada máis pegar a folla na parede e de recortar a parte sobrante, Sofía Beis decatouse que iso era unha CUNCHA!!! Entón todos gritaron que si era, polo que optamos por buscar en internet imaxes de cunchas para adiviñar cal era.




Nesta estiveron dacordo que non era.



 Sofía Buceta dixo que non podía ser porque estaba aplastada.



Xavier dixo que esta tampouco era porque tiña algo vermello e un ovo no medio,jeje.






         

        Entón descubrimos unha imaxe!!!!!
 Esta era á que se parecía!!!







Polo que xa tiñamos unha semellanza entre o debuxo e a cuncha que podería ser. 






Preguntando que tipo de cuncha sería, Xavi dixo que era de vieira polo que lles dixe que tiña nunha caixa unhas cunchas e quizais podían ser como aquela e as estiveron tocando, manipulando e contando o número de "dedos" que tiñan.







E cando lles preguntei que era unha vieira, soamente souberon contestar que a vieira é a cuncha pero non souperon dicirme nada máis. Polo que temos que investigar 3 cousas que temos pendentes:

- Que é unha vieira.
- Para que sirve e que podemos facer con ela.
- Seguir investigando sobre o debuxo (con que cor podemos pintala, onde aparecerá ese debuxo pintado, para que se pinta,...)

EMPEZA UNHA GRAN AVENTURA!!!



domingo, 14 de xaneiro de 2018

Os cumpreanos do 1º trimestre en Infantil 4 anos



                
 No primeiro trimestre cumpriron anos sete compañeiros/as:
                 JOEL, GEMA, ARIADNA, ANA, DIEGO, BRAIS E PABLO.
               

 Como Pablo os cumplía nas vacacións de Nadal, o celebramos todos con él en xaneiro. Acompañamos as cancións e as felicitacións cos doces ricos que trouxeron para celebralo con nós.
  Felicidades rapaces!!Xa tendes 4 aniños!!!!


sábado, 6 de xaneiro de 2018

Despedindo o 2017- Isto aconteceu nas últimas semanas en Infantil 4 anos



Vos deixamos un pequeno video con fotografías de momentos vividos na aula durante as últimas semanas de 2017.








Que 2018 veña cargado de grandes momentos compartidos, nos que aprender todos de todos!

xoves, 4 de xaneiro de 2018

Actividades cooperativas en Infantil 4 anos

No primeiro trimestre  unha vez transcurridas unhas semanas, na aula formamos "equipos", equipos  constituídos por compañeiros/as cos que nos sentaríamos habitualmente para actividades rutinarias e cos que en determinadas ocasións da xornada xogaríamos ou traballaríamos. Nalgunhas destas ocasións o fixemos de xeito "cooperativo" e vos contamos algunhas destas propostas.


Para a constitución dos equipos, que Ángela decideu por quen estarían formados, nos xuntamos cos compañeiros para falar e tratar de pensar e decidir un nome de equipo.


EQUIPOS: BOB  ESPONJA -  LEÓNS - DINOSAURIOS - POKEMON


Unha vez decidido o nome, o escribimos e fixemos un debuxo representativo entre todos.


Nalgún equipo, decidiron buscar en google con axuda da profe imaxes representativas que lles axudaran a debuxar o seu e tamén aproveitar para copiar as letras do nome.














E por último noutra sesión en cada folla representativa de equipo, se engadiu o nome con letras móviles.





Cos nosos compañeiros de equipo, a veces xogamos e levamos a cabo propostas individuais  nos distintos recantos








Noutras ocasións temos que decidir entre todos con que cores queremos pintar con témpera, no recanto ou no diccionario ou que cor de folio eliximos para facer algún cartel, con que materiais queremos montar construccións...é unha tarefa complicada, non vos pensedes, poñerse dacordo, consensuar, negociar, convencer, frustrarse un pouquiño porque a veces ninguén coincide con nós nos gustos.....




 E outras levamos a cabo actividades cooperativas libres nas que a consigna é aportar todos para acadar un resultado final conxunto











E noutras ocasións a proposta é máis dirixida, levando a cabo distintas dinámicas.




Coa dinámaica do  folio xiratorio, creamos un debuxo entre todos, aportando un pouquiño cada un (só se pode debuxar unha cousa ou unha parte do todo de cada vez que nos toque) e  rotando o folio e as pinturas. Con esta actividade traballamos a espera, a paciencia, a axuda, guiando aos compañeiros que lles custa, o respecto polas súas creación, que non sempre son como a nós nos gustarían pero son igual de válidas así  como os distintos roles do equipo, nos que un de nós dirixe dicindo cando debemos de cambiar a outro compañeiro, e ten un axudante e o encargado de que non berremos, e o ou os encargados de material.





Co folio xiratorio por exemplo debuxamos entre todos o esquema corporal dunha persoa.





Ou unha paisaxe para regalar a un compañeiro de clase, composición que está levada a cabo entre os catro equipos, habendo nela aportacións de todos, xa que o ir xirando e pasando o folio todos estamos implicados e todos aportamos.






Este tipo de dinámica así como outras como "pegamentos ó centro", na que traballamos todos xuntos nunha actividade de papel, nos esperamos, nos axudamos cando é preciso, nos axudan ó comezo desta andadura a entender que nas propostas cooperativos todos temos un papel activo, todos podemos aportar, cada un ó seu nivel, e aprendemos a valorarnos os uns ós outros, e a entender que  traballando en equipo todo é máis doado e o producto final  é fantástico.









Este traballo inicial máis dirixido con este tipo de dinámicas derivará máis adiante noutras propostas cooperativas nas que existe unha autonomía entre os membros do equipo e xa non precisan marcar tempos, facer turnos, sino que hai un diálogo para organizar o traballo e establecer como pode cada quen aportar para levar a cabo a tarefa final.

Trascurridas unhas semanas despois de formar os equipos, fixemos algúns pequenos cambios neles e así quedaron:



LEÓNS


DINOSAURIOS



POKEMON



 

BOB ESPONJA









Quen sabe cales serán as próximas propostas....nós polo momento imos botándolle imaxinación......