Amosando publicacións coa etiqueta Festas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Festas. Amosar todas as publicacións

xoves, 5 de novembro de 2020

Samaín 2020

As cabazas do Samaín chegaron ao noso cole, aínda que fora dunha maneira especial.
Nenos e nenas traballaron moito nas súas casas e con todas as súas cabazas presentamos esta bonita exposición virtual.
Grazas a todos os participantes!!!
 

E tamén vos queremos ensinar moitas "cousiñas" bonitas das cortizas dos nosos corredores.











martes, 5 de novembro de 2019

SAMAGOSTO!!!!

O PASADO MÉRCORES 3O DE OUTUBRO CELEBRAMOS NO COLE O SAMAGOSTO, UNHA MESTURA DE DÚAS FESTAS TRADICIONAIS GALEGAS: O SAMAÍN E O MAGOSTO.
DESDE PRIMEIRAS HORAS DA MAÑÁ O COLE ENCHEUSE DE TERRORÍFICAS CRIATURAS QUE NADA TIÑAN QUE VER CO QUE ATOPAMOS TÓDOLOS DÍAS.

COMEZAMOS ANTES DO RECREO CUN CONTACONTOS A CARGO DE CASILDA, CHEGADA DENDE MOI MOI LONXE PARA CONTARNOS DÚAS HISTORIAS BEN CHULAS AO ALUMNADO DE INFANTIL E DE 1º, 2º E 3º DE PRIMARIA.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
A digital slideshow by Smilebox

ANTES DE SALIR O RECREO TOCOULLES O TURNO DE "ACTUAR" O ALUMNADO DE 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA COA CANCIÓN DE "SAMAÍN DOS SENTIDOS" QUE TANTO LLE GUSTOU AO RESTO DOS SEUS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS.




DESPOIS DUN RATIÑO DE RECREO AS TRIPAS COMEZABAN A SONAR E GRAZAS Á COLABORACIÓN DA ANPA DO COLE PUIDEMOS DISFRUTAR DUNHAS RIQUÍSIMAS CASTAÑAS ASADAS, XUNTO CON ALGUNHAS FAMILIAS QUE NOS PUIDERON ACOMPAÑAR.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This picture slideshow customized with Smilebox

E PARA FINALIZAR A INTENSA XORNADA CHEGOU O MOMENTO DE XOGAR: XOGOS TRADICIONAIS PARA O ALUMNADO DE PRIMARIA E XOGOS TERRORÍFICOS PARA O ALUMNADO DE INFANTIL. 
NOS SEGUINTES ENLACES PODEREDES VER ALGUNHAS FOTOS DESTES DIVERTIDOS MOMENTOS.


domingo, 14 de abril de 2019

O COELLIÑO DE PASCUA

O VENRES PASADO TÓDALAS AULAS DE INFANTIL RECIBIRON UNHA CARTA MOI ESPECIAL.

Resultado de imagen de DIBUJO COLOR CONEJO DE PASCUA

 NELA O COELLIÑO DE PASCUA LLES CONTABA QUE ESTIVERA ESA NOITE POLO NOSO COLE E QUE, CON AXUDA DE RUFIÑO, DEIXARA AS METADES DUNS OVOS DE PASCUA POLO PATIO.
NUNHA CESTA DEIXOU AS OUTRAS METADE E... ALÁ FOMOS TODOS E TODAS NA BÚSQUEDA DAS SORPRESAS AGOCHADAS.
A RECOMPENSA RESULTOU SER DO MÁIS DOCE... EN CONCRETO, DO MÁIS CHOCOLATEIRA!!!!!!!
SE QUEREDES VER AS FOTIÑOS PREMEDE NO ENLACE!!!!!

mércores, 9 de marzo de 2016

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER

O 8 de Marzo celébrase o día da muller. Os nenos e nenas de 1º de Primaria traballamos con un pequeno conto no que a súa protagonista é "SuperLola".

É unha nena que quere ser heroína, para loitar por un mundo mellor no que todos os nenos e nenas poidan ser libres para
facer o que máis lles guste.




Nos estivemos a falar dos nosos personaxes de contos favoritos, e vimos que aínda que uns son chicos e outras son chicas todos teñen as mesmas cualidades: valentes, cariñosos, fortes, alegres, loitadores....



























Aquí tedes o enlace para poder ver o conto de "SUPERLOLA".

mércores, 10 de febreiro de 2016

Festa do entroido

O venres 5 tivemos a festa do entroido na escola e compartimos cos pais, nais, avós, avoas e demais familia un momento especial e divertido. Deixámosvos un vídeo dalgúns momentos que vivimos.



Subscríbete!