mércores, 20 de novembro de 2024

PLAN DIRECTOR: O ACOSO (6ºEP)

 O pasado contamos coa presenza dunha parella de mulleres policía que levou a cabo unha charla sobre o acoso para concienciar sobre os perigos que conleva.

O nenos e nenas participaron activamente na charla que lles resultou moi motivadora e instrutiva, contando vivencias propias.

Velaí unha pequena mostra da visita!








venres, 15 de novembro de 2024

CHARLA MEDIOAMBIENTAL CONCELLO: BIODIVERSIDADE DAS RÍAS BAIXAS (6º EP)

BIODIVERSIDADE DAS RÍAS BAIXAS

Hoxe recibimos a visita de NOME DO PONENTE, que informou ao alumnado sobre a biodiversidade autóctona da nosa contorna, as rías baixas.

Deunos moitos datos curiosos sobre as distintas especies da nosa terra incluíndo datos tan curiosos como que o pino no é unha especie autóctona ou que moitos espazos naturais que nos pensamos que son bosques, en realidade son plantacións de árbores feitas polo ser humano.

A charla completouse cuns xogos moi motivadores para o alumnado.

Aquí vos deixamos unha pequena reportaxe gráfica da actividade.







martes, 12 de novembro de 2024

DANA.- DONAZÓNS DAS FAMILIAS

 Grazas! 

queremos agradecervos a vosa colaboración e doazóns para axudar aos afectados pola DANA.
Grazas tamén a todos os pais e nais voluntarios que participastes na recollida e clasificación de material. 

 
Para ver máis fotos, PINCHADE NESTE ENLACE.

luns, 11 de novembro de 2024

SESION DE ESGRIMA 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria

 O xoves 24 e o venres 25 de outubro, a "Escola Hungaresa de Esgrima de Pontevedra" veu ao colexio a dar a coñecer o deporte da Esgrima. Practicamos as posturas básicas e fixemos uns "combates" con sables de espuma.




PINCHANDO NESTE ENLACE veredes máis fotos das sesións.