O mércores 31 celebramos o SAMAGOSTO no colexio e, no ciclo de infantil, mestras, alumnas e alumnos viñemos disfrazados de mountruos, vampiros/as, piratas, momias, esqueletos, bruxas,... e disfrutamos de moitas actividades durante a xornada:
1º.- CONTACONTOS: tivemos unha sesión de contacontos a cargo da mestra María que nos
dramatizou a historia de Carabuñas.
2º.- DESGUSTACIÓN DE CASTAÑAS: despois do recreo o castiñeiro trouxo o seu tren de castañas para que as degustar amos quentiñas no patio xunto co resto de alumnado co colexio.
3º.- XOGOS POPULARES: Víctor, o mestre de Ed.Física, con axuda do alumnado de 6ºEP, prepararonnos uns xogos populares que foron moi divertidos:
- Tirar os bolos
- Aros musicais
- Encestar o globo.
4º.- BROMA INESPERADA: a mestra María F. foinos chamando por grupiños porque "aparecera" unha caixiña no corredor de abaixo e quería saber quen o puxera alí. O que non sospeitabamos era que nos levaríamos un pequeno sustiño... deixámosvos o vídeo para que o comprobedes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario