mércores, 25 de abril de 2018

ENRIBA-DEBAIXO (3 anos)

Hoxe os de 3 anos tivemos unha actividade na que traballar no noso caderno:


Nesta páxina, o que tiñamos que reforzar eran os conceptos matemáticos:


ENRIBA


DEBAIXO

Pero o que é máis divertido, é aprender xogando, por iso, deixámosvos este pequeno vídeo para que vexades "o mal que o pasamos" no noso día a día



luns, 23 de abril de 2018

OBRADOIRO DE XOGUETEOLOXÍA (5º e 6º EP)

      Os alumn@s de 5º e 6º participaron hoxe nun obradoiro de xoguetoloxia destinado a coñecer diferentes xogos e actividades que non requiren mais que do propio corpo para ser levados a cabo. 

      Foi moi divertido e quedámonos con ganas de máis! PINCHADE NA FOTO PARA VER MÁIS.




SAÍDA Á NOSA FRAGA (INFANTIL)

O ciclo de infantil, como xa sabedes, partipamos no CONTO VIAXEIRO entre colexios de Pontevedra e, este curso, leva o título "Asubíos na fraga". Por tal motivo, as titoras traballamos nas aulas esta temática.

Despois de investigar sobre que cousas atopamos na fraga, que pode ser un asubío alí,... elaboramos as nosas páxinas do conto (xa mencionado noutro artigo):


Tras todo isto, organizamos unha saída a nosa fraga que está na contorna, en Campañó. 


Así que o venres 20 puxémonos en marcha para adentrarnos na fraga. Para iso, fixemos filas formada por tríos:

Un nenos de 3 anos, outro de 4 anos e, dirixindo, un MAIOR de 5 anos.



 É marabilloso ver a responsabilidade que adquiren os de 5 anos porque se sinten maiores.

Cando chegamos alí, observamos todas as árbores que alí habían, as follas que son diferentes, os froitos, así como falar dos animais que vivían na fraga onde, para eles, o máis importante e o que era máis protagonista dalí era, por suposto, O LOBO.



Foi unha xornada na que aprenderon moitísimo e disfrutaron a tope pero, A QUE NON SABEDES???? Mentres viñamos de volta, paramos xunto a unha fonte e alí había unha sorpresa!!!! apareceu unha poesía sobre xoaniñas que queremos aprender e traballar sobre ela! Xa vos ensinaremos todo o que nos depara esta poesía...

PARA VER MÁIS FOTOS DESTA SAÍDA, PINCHADE NA FOTO DE ABAIXO, que fixémola onde atopamos ese "AGASALLO" e co que comezamos unha nova misión.








COCIÑAMOS COPAS DE CHOCOLATE E NATA EN INFANTIL

Aproveitando que recibimos leite cada día para que o beban os nenos, decidimos organizar un obradoiro de cociña onde o leite era o protagonista. A parte de bebela con colacao ou facer iogures e queixo a partir do leite, tamén podemos facer COPA DE CHOCOLATE E NATA!!!


Así que primeiro tivemos que saber que ingredentes precisábamos así como a cantidade de cada un.


Tras descubrir o que precisamos, pasamos a incorporar on ingredentes para mesturalos.




Por último mesturámolos na nata pero, con precaución, porque o vaso estaba cocinando e quemaba!!!
PERO...PERO... AS MESTRAS TIÑAN PREPARADAS O CHOCOLATE XA FRÍO para que puidéramos devoralo!!!





Pero, para ver máis fotos, PINCHADE NA IMAXE DABAIXO.




xoves, 19 de abril de 2018

OBRADOIRO DE CALIGRAFÍA MEDIEVAL

Onte no colexio tivemos a sorte de transportarnos á Idade Media. Primeiramente acudimos a unha explicación sobre a caligrafía nesta época: materiais, pergamiño, tipos de tinta, etc. A continuación puxemos en práctica estes coñecementos realizando un pequeno texto do Pergamiño Vindel de Martín Códax, recordando así as aprendizaxes sobre o Códice Calixtino tan intimamente relacionado co Camiño de Santiago sobre o que estamos traballando.
Foi unha actividade moi enriquecedora e lúdica e gozamos un montón con ela!!




mércores, 18 de abril de 2018

Traballando A FRAGA- Infantil 4 anos


Nestas semanas pasadas, estivemos traballando nunha experiencia relacionada coa fraga e os montes, xa que participaríamos na actividade Intercentros de TROTACONTOS, cun conto viaxeiro que se titula "Asubíos da Fraga".

Na aula, falamos e fixemos unha choiva de ideas e así entre todos recabar información sobre os elementos das fragas e os montes (bolboretas, abellas, vermes, culebras e serpes, lobos, zorros, xabaríns, paxaros de todo tipo, moscas, saltóns, rás, caracois, pedras, terra, árbores, arbustos, flores.....). Tamén representamos os asubíos que pensamos se escoitan nunha fraga, a maioría os sonidos dos animais, pero tamén algúns outros.
Vimos fotografías e imaxes de bosques e fragas.

E dramatizamos algúns de estes elementos, individualmente, en gran grupo e tamén por equipos.
Cada equipo representou unha fraga, decidindo qué representaría cada quen.



Uns  facían  de árbores, outros
de animais de todo
tipo, outros de pontes,
ata de pedras.









Todos xuntos representamos as fraga, con animais, árbores, pedras,  pontes....




E todos xuntos tamén, representamos árbores, e as súas ponlas, que co vento  se abanean dun lado ó outro.








Un compañeiro que facía de vento, pasaba soprando entre as árbores e facía que se moveran.


Noutra sesión, por equipos, representamos  unha  fraga con distintas pezas do recanto de construccións (tacos de madeira, rolos de papel, pinzas,  tapóns de distintos tamaños e cores...).




Noutra sesión, seguindo a estructura cooperativa do folio xiratorio, debuxamos unha fraga.




Creamos entre todos unha poesía que falaba dos animais da fraga (a podedes ler na seguinte fotografía).
Impresas as fotos das composicións con pezas, a profe fixo unha montaxe mezclando debuxos de todos nós con partes desta composición, e nela escribimos entre todos os versos que creamos para formar unha poesía sobre a fraga, e esta montaxe final sería a que presentaríamos para o "Conto viaxeiro" entre escolas.



Para a aula fixemos outra montaxe, tamén coa poesía e nun dos recantos propostos, de témpera, debuxamos e demos cor a unha fraga.  Cando secaron os cadros, neles pegamos animais que debuxamos.
   


 
Se queredes ver cómo quedaron os nosos cadros da fraga, pinchade na seguinte fotografía.

https://www.recursoseducativos.net/software/revistas/index.php?alto=100&revista=AFRAGA

 Seguiremos traballando en torno ás árbores e a natureza, vos iremos contando!











martes, 17 de abril de 2018

Actividades do 2º trimestre e cumpreanos- Infantil 4 anos



Aquí vos deixo un video con experiencias e actividades do 2º Trimestre así como as celebracións dos cumpreanos destes meses pasados.
Un saúdo!

sábado, 14 de abril de 2018

CONTACONTOS DE POLO CORREO DO VENTO

Hoxe os rapaces de Polo Correo do Vento viñeron contarlles a historia “Mario pensaba que o galego non servía para nada”. Coa a gracia que lles caracteriza, o alumnado de 6º de infantil e 1º e 2º de primaria disfrutaron moito deste obradoiro.



O MANUSCRITO DO CAMIÑO DE SANTIAGO DO ALUMNADO DE 2º EP


Os rapaces e rapazas de segundo curso aprenderon moitas cousas sobre o Camiño De Santiago. Tanto que ata fixeron o seu propio "manuscrito".

Desexamos que vos guste tanto como a eles facelo!



xoves, 5 de abril de 2018

CONTO VIAXEIRO ENTRE COLEXIOS

   Desde hai uns anos, participamos nun proxecto (xunto a outros colexios) na elaboración dun conto cunha temática común.  A diferencia doutros anos, elaboraremos un mesmo exemplar para infantil e primaria.

   No primeiro trimestre, varios representantes dos colexios reunímonos no noso colexio e decidimos, de forma conxunta, a temática "ASUBÍOS DA FRAGA". Cada aula participante fai unha páxina, en formato A3 deixando un marco na páxina, letra flexible (en maiúsculas) pensando que a páxina vai ser reducida para impresión, seguramente en formato A5.


  O alumnado de infantil e 2º de primaria traballaron os conceptos relacionados coa temática e todo aquelo relacionado coa fraga fixándonos, como referencia, a fraga da nosa contorna. 

   Tamén quedamos en enviar unas fotografías e pequenos videos dos nenos en proceso de creación da páxina do conto da súa aula.

   Tratouse de traballar a temática dunha maneira globalizada na que se traballou, por exemplo,:

- que é un ASUBÍO e unha FRAGA? que eles suxire o nome?
- a poesía (rimas)
- a natureza e a nosa contorna
- o cooperativismo
- a arte (coa recreación da nosa propia fraga)
   
  Hoxe entregamos as nosas páxinas ó centro coordinador deste ano, o CEP de Campolongo (sendo nos dous cursos pasados o noso centro). A continuación podedes ver as páxinas elaboradas desde o centro e que formarán parte das páxinas dos exemplares que levarán os autores do conto que se lles entreguen no mes de maio.

Aula de 4º Ed.Infantil (3 anos)


Aula de 5º Ed.Infantil (4 anos)


Aula de 6º Ed. Infantil (5 anos)


Aula de 2º Ed.Primaria



    Agardamos que vos gusten e, cando teñamos o conto enteiro, compartirémolo con todos! 

domingo, 1 de abril de 2018

Colaboramos no proxecto "AXEDREZ, A ESTRATEXIA POLA PAZ"

Ó final do trimestre pasado, o colexio colaborou co proxecto "XADREZ, ESTRATEXIA POLA PAZ" que levan a cabo na Escola de Axedrez de Pontevedra (podedes visitar o seu blog pinchando na foto).



O día 22 de marzo partíu unha nova expedición ó campamento de Azraq (Xordania) que acolle a persoas refuxiadas que tiveron que abandoar Siria debido ó conflicto bélico. Viaxaron a unha escola que crearon no ano 2016 e, este proxecto, consiste en fomentar o axedrez como actividade educativa e social.


No colexio colaboramos realizando varios tableiros e pezas de axedrez con diversos materiais: corchos, iogures bebibles, cartuliñas, cartóns... Quixemos que, un pouco de cada un de nós, viaxara a Asraq e poder colaborar na felicidade de todos os nenos e nenas que están alí.






Pero tamén as familias quixeron sumarse a esta iniciativa, como o avó de Amanda e Daniela, que donou outro xogo de axedrez elaborado por el e a súa familia, coas figuras ben traballadas.




Foi unha experiencia moi tenra e que nos gustou moito participar xa que, a parte da realización dos xogos de axedrez, traballamos máis conceptos relacionados co proxecto e agardamos ter a oportunidade de volvelo repetir. Para ver máis fotos, PINCHADE AQUÍ e tamén deixámosvos un pequeno video-resumo da nosa participación desde infantil: