martes, 24 de maio de 2016

Trailers de cine

En 3º de primaria o alumnado estivo traballando cos trailers de cine. Un exemplo dese traballo foi este.


martes, 17 de maio de 2016

4º de Infantil coñece a Manuel María

Nestas semanas, con motivo da conmemoración das Letras Galegas, os alumnos e as alumnas de 3 anos estivemos traballando a redor da figura de Manuel María.

Para comezar escoitamos algúns dos seus poemas, e mesmo aprendemos o seu famoso poema "Caracol" (o cal recollemos nun pequeno mural).



A continuación puidemos pór cara o poeta do cal tanto estabamos a falar, e decidimos darlle unha pouca cor.




Por último, aproveitando que o seu nome aparecía nos corredores do colexio, fumos investigar as letras que compoñen o seu nome e escribímolo en papeis (traballando así a lectoescritura).



Velaquí tendes o ben que recitamos o poema "O caracol":


mércores, 4 de maio de 2016

A escola escoita

Segundo o artigo 12 da Convención sobre os Dereitos do Neno (a) do 20 de novembro de 1989 aprobada polas Nacións Unidas e ratificada por moitos países incluidos España: O neno ten dereito a expresar a súa opinión e a que este se teña en conta nos asuntos que lle afectan. En moitas ocasións esquecemos este dereito, pero non no CEIP de Parada-Campañó, e por eso na Radio Pirata Campañó estreamos un novo programa chamado A Escola Escoita na que o noso alumnado explica algunhas das necesidades e cuestións que se deberían mellorar na escola.

Que todo o mundo estea moi atento ao que nos contan por unha banda Iris e Daniel de 4º de Primaria e Laura e Elena de 5º de Primaria por outra. Eles xunto coa axuda d@s seus/súas compañeir@s elaboraron unha boa lista de cousas que hai que mellorar na escola, escoitade.

luns, 2 de maio de 2016

Seguimos informando das actividades de Plan Proxecta

Fixemos un xogo de orientación, con motivo do traballo dos planos e rúas en Ciencias Socias. O alumnado en diferentes grupos estivo na procura das pistas escondidas no ximnasio.
Velaquí unhas imaxes d@s nos@s aventureir@s.



Nos temas 5, 6 e 7 de Ciencias Naturais, aprendemos a importancia do coidado e respeto dos animais e plantas. Unha das actividades que máis lles gustou aos cativos foi fotografar diferentes seres vivos. Para iso, estivemos no patio do colexio buscando animais e plantas. Estas últimas debían diferenciarse cos carteis de árbores, arbustos ou herbas.


Para difernciar os distintos medios de transporte o alumnado realizou unha actividade que simulaba a viaxe en avión, submarino, canoa, tren, autobús… Cada unha delas ía acompañado de preguntas como: que tipo de transporte é? como podemos aforrar máis enerxía? cal é a maneira de contaminar menos? alguén viaxou en…?