martes, 31 de xaneiro de 2017

DÍA DA PAZ 2017


         No cole conmemoramos o Día da Paz coa canción "Campás pola Paz," que interpretamos en lingua de signos. Tamén fixemos manualidades e un xogo con tarxetas (de imáxenes de famosos cadros) e onde tiñan que buscar as súas parellas: DIVERTIDÍSIMO XOGO!






O alumnado traballou este día cun cadro de Picasso, "O Guernica", decorando unha peza do famoso cadro que, aínda que está pintado en cores branco, negro e gris, cada aula encheuno de cores. O alumnado de infantil traballou unha poesía creada para dita celebración en relación o noso proxecto, baseada no cadro de Picasso "O neno e a paloma".



E rematamos co alumnado de 2º de primaria e cos seus desexos de paz para todos os nenos e nenas do mundo.


Foi un día completo! Esperamos que vos guste!

domingo, 29 de xaneiro de 2017

Pinocho en Campañó!


Desde Venafro (Italia) mandáronnos a Pinocho cunha maleta cargada de productos típicos, desde pasta a unha cafetera, dentro dun dos nosos proxectos Etwinning.

Descubride con nós o que nos trouxo Pinocho e o paseo que se deu por Pontevedra!

Quen é o escritor co que aparece o final do vídeo?

Os nenos de 4 anos fálannos de Gaudí



Carlota, Carla, Iván, Mateo e Pablo, da clase de 4 anos, subiron ata a Radio Pirata Campañó a contar o que foron aprendendo sobre Gaudí neste curso.

Esperamos que vos guste esta poesía tan orixinal!

venres, 27 de xaneiro de 2017

DÍA DE PORTAS ABERTAS NO COLE


DÍA DE PORTAS ABERTAS no colexio. Se queredes coñecer o colexio, como traballamos, as actividades ofertadas e a metodoloxía, non dubidedes en vir visitarnos o MARTES, 21 DE FEBREIRO.


E se queredes descargar o TRÍPTICO e saber un pouquiño máis de nós, pinchade na foto de abaixo.


martes, 24 de xaneiro de 2017

Unha tertulia do alumnado de 5 anos sobre Velázquez

O pasado venres, 19 de xaneiro, os alumnado de 5 anos foi gravar un programa de radio sobre o aprendido durante estes meses na clase sobre Velázquez. A verdade é que foi unha sesión moi amena aínda que a moitos lles invadiu a vergonza por ter os micros diante. Aquí vos deixamos o enlace do programa de radio para que aprendades con eles, polo que subide o volume dos altavoces e a disfrutar!


martes, 17 de xaneiro de 2017

venres, 13 de xaneiro de 2017

OBRADOIRO "Aquí pintamos todos...o mural"

     Este ano, como xa sabedes, estamos a traballar arredor do Proxecto anual do centro denominado "Aquí pintamos todos". Polo tanto, entre moitas das actividades que estamos a facer, organizamos un obradoiro para que o alumnado fora partícipe dunha actividade cuio resultado perdurara no tempo. Así que puxémonos en contacto co Concello, presentouse un proxecto coa axuda dunhas "elefantas" amigas e, con brochas, pintura e roupa vella puxémonos mans á obra. 






     Para este traballo contamos coa axuda dos rapaces de Polo Correo do Vento, Quique e Carlos, que colaboraron no deseño e axudaron ó alumnado para que participaran neste proxecto. Como a actividade durou unhas semanas despois de rematar as clases, Quique e Carlos estiveron vindo ó colexio para rematar esta marabillosa transformación do mural.




   Polo que agora o noso patio loce máis alegre e ten moitísima vida!!! Se queredes ver algunhas fotos máis podedes visitar a galería de imaxes do blog o pinchar na foto de abaixo. Agardamos que vos guste.





mércores, 11 de xaneiro de 2017

Gaudí!!

Aquí tedes o proxecto sobre Antonio Gaudí que o alumnado de 5º de Educación Infantil realizou en colaboración coas súas familias. O resultado non podía ser mellor!!