domingo, 31 de xaneiro de 2016

Día da paz

O 29 de xaneiro deste 2016 festexamos o Día da Paz, lembrando a figura de Gandhi, quen morreu asasinado por defender os dereitos das persoas a a paz no mundo. Aquí vos deixamos un pequeno vídeo con algunhas cousiñas que fixemos para lembralo.


Se vos gusta este ou outros vídeos do cole, suscribídevos á nosa canle de youtube para estar ao día das novidades. Tan só tes que premer no botón de aquí abaixo ou no que hai na barra lateral dereita. Agardámosvos!

martes, 26 de xaneiro de 2016

Gracias

Hoxe fai unha semana que anunciabamos o noso novo blog a través das redes sociais e a páxina web do centro, e xa levamos 1000 visitas!

Dende aquí 1000 gracias a tod@s @s que pasáchedes por aquí estes días, sabede que nos da moito ánimo para seguir traballando e colgando cousas. Podedes seguir atent@s a esta canle que pronto teredes novas.

xoves, 21 de xaneiro de 2016

Traballando as emocións coas tabletas en 6º de Infantil

O traballo por proxectos é unha ferramenta poderosa para á aprendizaxe na escola, e tamén o é o traballo cooperativo entre o profesorado. Aproveitando que a titora de 6º de Infantil traballou as emocións a través do libro "O monstro de cores", dende a clase de TICs continuamos este proxecto do seguinte modo:


Mediante as tabletas e traballando en equipos pequenos (parellas e grupos de tres) empregamos o programa Bosquexo (Sketches) para tratar de ordear as nosas emocións.


En primeiro lugar sacamos unha foto d@ nos@ compañeir@ interpretando unha emoción. A continuación, tal e como fai o noso querido monstro, empregaremos un código de cores para identificar o sentimento traballado.


Así a ledicia sería a cor amarela, a tristura a azul, á xenreira corresponderíalle a cor vermella... 


Despois, complementamos a emoción con debuxos representativos (bágoas ou nubes para a tristura, raios e tronos para a xenreira, etc.).

Unha vez rematado imprimimos as nosas emocións e expoñémolas na aula. Mirade este pequeno vídeo onde se ve o resultado final do noso traballo. Agardamos que vos guste, pero ollo! isto aínda non rematou ;)


mércores, 20 de xaneiro de 2016

Códigos QR das páxinas do cole

Alá polos anos 90 en Xapón decidiron facer uns códigos que funcionasen moi rápido, chamáronlle "Códigos QR" (Quick Response, de resposta rápida), así neses cadradiños e raias tan raras condénsase moita información, dende direccións de Internet, textos, sons, vídeos...

Hoxe en día os códigos QR están en todas partes e no cole non íamos a ser menos, así que preparade os vosos móbiles ou tablets para poder acceder ás vosas direccións favoritas. Mirade, mirade... (non vos esquezades de descargar un lector de códigos, hai moitos gratuitos)

A ver se sodes quen de descubrir a que páxina corresponde cada código QR. Unha pista, o vermello é a nosa canle de vídeos en youtube.


 


martes, 19 de xaneiro de 2016

Fito histórico para o centro

Hoxe é un día histórico para o CEIP de Parada-Campañó e sobre todo para o futuro do noso alumnado, despois de moito agardar por fin ampliaron o ancho de banda de Internet o que supón que os ordenadores e as tablets coas que traballamos nas aulas pasan a convertirse en auténticas fiestras polas que asomarse ao mundo.

Dos primeiros datos das probas de velocidade feitas obtense resultados de 13mbs de baixada e 15mb de subida. Aínda así prometeron que virían a rematar de configurar a conexión para que sexan 50mbs durante o curso e nun futuro non moi lonxano, 100mbs. 

Hoxe de novo o noso cole énchese de fachenda, o futuro xa está aquí.


luns, 18 de xaneiro de 2016

A dous kilómetros, a bitácora do terceiro ciclo

O orgullo de Parada-Campañó son os nosos nenos e nenas que ano tras ano disfrutan e aprenden as cousas do mundo e da vida na nosa querida escola. Vémolos medrar e despois duns anos seguen o seu camiño.

Polo tanto as nenas e nenos do curso de 6º de Primaria merecen unha mención aparte, despois dunha longa andaina de nove anos con nós, chégalles o momento de partir en busca de novas aventuras, pero... aínda quedan moitos meses! e que mellor que disfrutar con elas e eles, seguindo as súas novidades na súa propia bitácora: "A dous kilómetros". Que aínda non a coñeces? Preme na imaxe ou na seguinte ligazón e descubre todo o que van facendo @s nos@s veteran@s.


http://adouskilometros.blogaliza.org/

xoves, 14 de xaneiro de 2016

O Apalpador e Santa Claus

Durante as festas do nadal, veu a visitarnos Santa Claus e o aos máis pequen@s fíxenos especial ilusión. Mirade que fotos sacamos con él.




Tamén nos chegou unha chamada dende O Courel para participar nunha postal coa canción do Apalpador bailando con outros coles de Galicia, este foi o resultado.

Bo Nadal

Dende o CEIP de Parada-Campañó todos os nenos e nenas quixemos desexarvos un bo nadal e para iso fixemos esta bonita postal en vídeo.

Benvid@s

Benvid@s ao blog do noso cole. Somos os nenos e nenas do CEIP de Parada-Campañó.

Neste pequeno espacio da rede mostrarémosvos o traballo que imos facendo ao longo do curso e tamén todo aquilo do que estamos orgullos@s, porque pertencer a Parada-Campañó énchenos de fachenda.

Vinde a descubrir a nosa terra e nosa vida. Estades invitad@s!