venres, 17 de maio de 2024

VISITA DE 5º E 6º DE PRIMARIA Ó MUSEO DE PONTEVEDRA

 Saída do alumnado de 5° EP E 6 ° EP. ao museo de Pontevedra visitando as súas instalacións e participando nas actividades de " Arqueoloxía" e " Arte Medieval".

Realizada a través de xogos interactivos de procura do tesoro.







mércores, 15 de maio de 2024

PROXECTO DE INCLUSIÓN 4º EP

 O alumnado de 4º EP participamos neste proxecto de inclusión.

Todos somos importantes nesta clase e todos temos o noso lugar. Cada un de nós é a peza dun puzzle.



DISFRUTANDO DAS ACTIVIDADES DIVERSAS NA NOSA BIBLIOTECA (4º EP)

 Os venres, o alumnado de 4º EP gozamos dunha sesión na nosa biblio. Un momento no que cada un de nós escolle que actividades desexa facer.



Pasámolo xenial aprendendo e compartindo tempo de lecer en grupo.





martes, 14 de maio de 2024

VISITA Ó MUSEO DE PONTEVEDRA DE 4º ED.PRIMARIA

 Hoxe realizamos unha saída moi especial. Transformámonos en detectives de arte. 



Mediante cadros e pistas fomos pescudando e atopamos ao culpable do roubo dun dos cadros. 




Traballamos cooperativamente e pasámolo en grande aprendendo nun novo espazo pero cos compis de sempre.