mércores, 26 de decembro de 2018

ETIQUETAS-PEGATINAS PARA OS AGASALLOS DE NADAL

Os membros do equipo  de Dinamización da Lingua galega somos conscientes do traballo que supón para os Reis Magos, Papá Noel e demais xentes de xeneroso corazón o reparto de agasallos nestas datas. Con estas pegatinas, elaboradas polo alumnado do colexio, poderán apurar tan ardua tarefa.
BO NADAL!
 PEGATINAS PARA OS AGASALLOS

venres, 21 de decembro de 2018

Festival de panxoliñas

 A mellor maneira de despedir o trimestre, non si?

4º de Ed. Inf.



5º de Ed. Inf.



6º de Ed. Inf.



1º B de Primaria



1º A de Primaria



2º de Primaria



3º de Primaria



4º de Primaria



5º de Primaria

xoves, 20 de decembro de 2018

CARTA DA MESTRA ROCÍO ÁS FAMILIAS

      Rocío Cedillo é unha gran mestra que se xubilou neste curso escolar. Atrás quedaron moitos anos adicados á ensinanza de moitos nenos e nenas que, moitos deses, xa teñen fillos/as. Pero, a súa etapa como educadora rematou no noso colexio e co alumnado da promoción 2009-2019.

      Por iso, Rocío quere mandarlles as súas familias unha mensaxe a través do noso blog xa que, para ela, tamén é un orgullo. Pola nosa parte, agardamos que sexa moi feliz, disfrutando de todo o seu tempo e que non se esqueza de nós. MOITOS BIQUIÑOS.



UN NADAL EN GALEGO

     Estamos inmersos nestas datas cargadas de ilusión nas que o alumnado emana nerviosismo dende que entra ata que sae do cole. 

     Nestas semanas traballamos arredor do máxico mundo do Nadal, desde o ciclo de Educación Infantil ata o último curso de Primaria e sempre utilizando a nosa lingua, o galego. Decoramos a árbore da entrada, as escaleiras, as cortizas e fixemos moitas actividades nas aulas. 

       A continuación podedes ver un pequeno vídeo elaborado polo Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística que resume as actividades feitas no noso centro con moita emoción e, sobre todo, moita diversión:




Agardamos que vos guste e desexámosvos un BO NADAL EN GALEGO E FELIZ ANINOVO!!!

venres, 14 de decembro de 2018

Entre Dinosaurios...

O pasado martes, os cursos de 1º a 5º de Primaria do cole visitamos a exposición Living Dinosaurios na praza de touros de Pontevedra.
Fixemos un percorrido polas diferentes eras de Tempo Xeolóxico e descubrimos un montón de curiosidades sobre os diferentes dinosaurios que vivían nelas. Até puidemos ver unha peli en 3D na que por momentos parecía que podiamos tocalos! Pasámolo xenial!










venres, 7 de decembro de 2018