luns, 15 de febreiro de 2021

ENTROIDO 2021

Chegou o Entroido e, con el, a cor e a alegría ao noso cole.
Durante toda a semana fomos seguindo as indicacións de Rufiño ata chegar ao venres.
Utilizando como ingredientes principais a reutilización e a reciclaxe conseguimos uns disfraces ben chulos. 
Por último, un pouco de música e baile para rematar unha semana ben festeira.

luns, 1 de febreiro de 2021

O NOSO COLE NA HISTORIA

 DENDE HAI UNS DÍAS NA ENTRADA DO NOSO COLE TEMOS UN NOVO MURAL FEITO POLO EQUIPO CREATIVO DE "POLO CORREO DO VENTO".

FORMA PARTE DO PROGRAMA "O TEU COLE NA HISTORIA, COÑECENDO A NOSA CONTORNA", IMPULSADO POLA CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN .

A OBRA REPRESENTA O COLEXIO AOS PÉS DO MONTE CASTROVE, A FORTE PEGADA CASTREXA NA PARROQUIA E ELEMENTOS SIGNIFICATIVOS DA ZONA, COMO O PETRÓGLIFO DAS FORCADAS, A TORRE MEDIEVAL DO MONTE TOMBA E AS BESTAS SALVAXES.