Continuamos con noso proxecto en torno o
Camiño de Santiago.
Partimos de Toté e as fotografías que él nos amosou. Tamén lle fixemos algunhas preguntas a través de mensaxes, que respondeu gustosamente e que xa vos contamos.
Engadimos que polo día o mapa case non o necesitaba pois as sinais do camiño estaban por todas partes: nas pedras, nas árbores, no chan, na estrada, nos postes, nas paredes das casas....
Outra das cousas que lle preguntamos é qué levaba él na súa mochila, e todo o que nos respostou o anotamos no noso mural.
(ropa, mapa, libro, chuvasquero, bolsa de aseo-peine, cepillo de dientes, jabón)
Ademáis xurdiu outra curiosidade. Entre os nenos máis grandes escoitamos e vimos tamén nos correidoiros que a Santiago se podía chegar de peregrinación por distintos camiños.
Cales eran eses camiños?
Ángela plantexounos que ademáis de a Toté quizáis lle podíamos preguntar a outras persoas ou buscar información noutras fontes e entre todos demos chegado á conclusión de que podíamos buscar información en periódicos, revistas, libros, na tele, ordenador e tablet....
e tamén preguntar en casa ás familias, así que escribimos nunha nota unhas palabras pedindo colaboración para xuntar información.
E a información foi chegando:
A través de correo por internet, con imaxes e páxinas interesantes sobre o camiño ademáis de anécdotas sobre o camiño. Aquí descubrimos o camiño "francés".
A través de textos e debuxos feitos en casa, na que descubrimos unha das "rutas", a vía da Plata.
A través de novas do xornal.
Fotografías diante da catedral de Santiago e tamén nun dos símbolos que sinalan o camiño.
Tamén nos chegou un xogo semellante ó da oca pero con símbolos relacionados co camiño de Santiago.
Nos momentos de xogo libre ou descanso ó rematar unha actividade de papel, o incorporamos ós distintos xogos de mesa da aula.
Tamén viñeron visitarnos os pais de Alejandro pois eles fixeron o camiño de Santiago hai uns anos, desde O Cebreiro e quixeron contarnos anécdotas da súa experiencia.
Nos ensinaron moitas fotos e agora as temos no noso ordenador para velas cando queiramos. Tamén nos deixaron algúns obxectos importantes para eles, as cunchas de vieira que levaron no camiño, as credenciais, as cabazas secas,....todo isto nolo deixaron por unha temporada para telo na aula.
Ademáis estamos reflexando no mural algunhas fotos e pés de foto co máis destacado do seu camiño.
Escoitándoos puidemos ampliar as respostas a unha das preguntas que tiñamos sobre os animais que se pode un atopar no camiño; eles atopáronse con vacas, con porcos e ata cun can peregrino!! que levaba mochila e todo!
Así o anotamos no mural.
Tamén levamos a cabo unha actividade cooperativa que consistía en crear ou construir camiños, e tiñamos que decidir un ou varios materiais da aula para montalo. Ó rematalo o fotografiamos para deixalo reflexado dalgunha maneira xa que o teríamos que desfacer para que o seguinte equipo fixese o seu.
Así, organizados en distintos recantos, os equipos rotábamos para facer o noso camiño, mentres o resto de compañeiros facía puzzles, xogaban na casiña e montaban palabras con letras móviles.
"SELVA"
"CAMPO DE COCHES"
"LA CARRETERA DE LOS COCHES MODERNOS"
"CAMINO AL ZOO"
Noutra sesión, coas fotografías dos nosos camiños, falamos e decidimos qué título poñerlle (que están debaixo das fotografías de cada camiño),
Noutra sesión, debuxamos e representamos en papel o noso camiño
e noutra nos volvemos xuntar para observar o noso camiño e crear unha pequena historia.
E vos seguiremos contando..polo de pronto...imos facendo camiño....