venres, 17 de maio de 2024

VISITA DE 5º E 6º DE PRIMARIA Ó MUSEO DE PONTEVEDRA

 Saída do alumnado de 5° EP E 6 ° EP. ao museo de Pontevedra visitando as súas instalacións e participando nas actividades de " Arqueoloxía" e " Arte Medieval".

Realizada a través de xogos interactivos de procura do tesoro.







mércores, 15 de maio de 2024

PROXECTO DE INCLUSIÓN 4º EP

 O alumnado de 4º EP participamos neste proxecto de inclusión.

Todos somos importantes nesta clase e todos temos o noso lugar. Cada un de nós é a peza dun puzzle.



DISFRUTANDO DAS ACTIVIDADES DIVERSAS NA NOSA BIBLIOTECA (4º EP)

 Os venres, o alumnado de 4º EP gozamos dunha sesión na nosa biblio. Un momento no que cada un de nós escolle que actividades desexa facer.



Pasámolo xenial aprendendo e compartindo tempo de lecer en grupo.





martes, 14 de maio de 2024

VISITA Ó MUSEO DE PONTEVEDRA DE 4º ED.PRIMARIA

 Hoxe realizamos unha saída moi especial. Transformámonos en detectives de arte. 



Mediante cadros e pistas fomos pescudando e atopamos ao culpable do roubo dun dos cadros. 




Traballamos cooperativamente e pasámolo en grande aprendendo nun novo espazo pero cos compis de sempre.








mércores, 31 de xaneiro de 2024

DIA DA PAZ 2024

 Chegou ese día tan importante nas nosas vidas: O DÍA DA PAZ. O 30 de xaneiro comprometémosnos un ano máis como defensores da paz e do entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar.

A dara é unha homenaxe a Mahatma Gandhi, líder pacifista que defendió e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica que foi asasinado o 30 de xaneiro de 1948.

Este ano, todos os cursos do colexio traballamos cun libros dos propostos polo equipo da biblioteca:


Despois, personalizamos os nosos banderíns onde deixábamos reflexadas:

- a palabra do conto que máis nos gusta sobre a paz

-  o país que estamos a traballar no proxecto

- como se di esa palabra na lingua do país

- o pictograma da palabra

- e engadimos un código QR co vídeo que fixemos na aula.










Reunímosnos no ximnasio tras o recreo...


 ...e, por clase, explicamos a composicións do nosos banderíns...












... e proxectamos os vídeos para compartir as nosas mensaxes o resto dos compañeiros e mestres do cole. Se queredes velos, soamente tedes que ler o CÓDIGO QR do/s curso/s que queirades ver.

mércores, 20 de decembro de 2023

 O alumnado de 4º preparounos un noticiario do máis curioso. Será verdade todo o que nos contan?

luns, 27 de novembro de 2023

SAMAGOSTO 2023

PERO QUE BEN O PASAMOS HOXE!!!!!!

Desde hai anos celebramos o SAMAGOSTO. Unimos as dúas celebracións (Samaín e Magosto) e levamos a cabo unha xornada do máis divertida.

Desde temprano, xa empezamos co obradoiro de xogos do ciclo de infantil. Cinco equipos mixtos, 5 estacións, 5 mestras-monitoras e MOITA ilusión e xogos terroríficos, asquerositos e que provocou moitas risas.







 






Tamén houbo xornada de xogos para o alumnado de primaria na que todo estaba perfectamente organizado e garantizouse o disfrute absoluto nos xogos que nin a chuvia nin o vento conseguíu deter!!












PARA VER TODAS AS FOTOS DO CICLO DE PRIMARIA


g

luns, 30 de outubro de 2023

CONSTRUINDO MONUMENTOS

EN 4º ESTAMOS EN PLENA CONSTRUCIÓN. 

Un momentiño na biblioteca un venres de choiva a útlima hora da para moito, concentración e creatividade a partes iguais compartindo tempo en equipo.





venres, 20 de outubro de 2023

SAÍDA A CASA PEPE E PILI

 Outro ano máis os peques do cole visitamos a CASA DE PEPE E DE PILI para ver os castiñeiros, recoller castañas e darlle a benvida ó outono.

Chegamos andando e, a verdade, un pouquiño canso así que, nada máis chegar, tivemos que beber un pouco de auguiña.

Despois atendimos ás explicacións de Pili (porque Pepe estaba traballando) e nos dixo que cortara uns pauciños para que non nos pincháramos se queriamos abrir os ourizos que aíndan tiñan no interior as castañas que non caeran.


Polo que PUXÉMONOS MANS Á OBRA!!!





Tras encher as caixas con castañas, Pili sorprendeunos cunha gran marendola: galletas, pan, zumes, mel das súas abellas e LAMBONADAS!!!