O pasado 24 de outubro celebramos no colexio o día das Bibliotecas escolares e na nosa aula así preparamos esta data tan especial.
mércores, 31 de outubro de 2018
martes, 30 de outubro de 2018
ASÍ "SAMAIZÁMONOS" OS DE 4 ANOS
Xa chegou o Samaín e, o alumnado de 4 anos, levou a cambo moitas actividades nestes días:
PRIMEIRO: trouxeron cabazas decoradas para a exposición que hai polos corredores do colexio. Nos estamos na planta baixa xunto as escaleiras. A verdade e que as familias fixeron un bo traballo o fin de semana!
SEGUNDO: escoitaron o conto de "Corre, corre, cabaciña" e desfrutaron escoitando e aprendendo a canción que Mamá Cabra:
TERCEIRO: levaron a cabo uns obradoiros de Cociña Terrorífica nas diferentes aulas. Nesta ocasión, formamos equipos mesturados nas aulas e realizaron:
EQUIPO VERMELLO: brebaxe máxico
EQUIPO AZUL: gominolas de sangue
EQUIPO AMARELO: arañas de galleta
EQUIPO VERDE: tumbas de chocolate
Despois levamos todo para o ximnasio e alí disfrutamos dun BUFFET de ultratumba entre todos.
E, como último, nesta semana traballamos arredor da canción "SAMAÍN" de Brinca Vai, facendo a nosa versión do videoclip, AGARDAMOS QUE O DISFRUTEDES!!
EQUIPO VERMELLO: brebaxe máxico
EQUIPO AZUL: gominolas de sangue
EQUIPO AMARELO: arañas de galleta
EQUIPO VERDE: tumbas de chocolate
Despois levamos todo para o ximnasio e alí disfrutamos dun BUFFET de ultratumba entre todos.
E, ó rematar, compartimos o "pouco" que sobraba cos compañeiros/as do centro que quixeran:
sábado, 20 de outubro de 2018
Recibimos unha visita e un agasallo moi especiais en infantil 5 anos
Este venres recibimos a visita da nai de Nayra, Nuria, para ensinarnos unha preciosa casiña e contarnos cómo a fixeron e por qué. Foi unha tarefa que levaron a cabo para a gardería da irmá de Nayra e traballaron moito moito pero o resultado foi maravilloso.
A fixeron con corchos das botellas, que tiveron que cortar e pegar con moita exactitude para que quedara así de chula.
Agora que xa lla devolveron da gardería, falaron e decidiron que como na escola estamos decorando a entrada con dúas enormes árbores, qué mellor lugar que éste para pendurar a casiña dos paxaros.
Moi pronto a veremos pendurada decorando a nosa escola e Nayra irá crecendo, pasarán os anos, e a casiña sempre estará ahí para recordarlle uns momentos estupendos da súa vida.
MOITAS GRACIAS NAYRA E FAMILIA!!
Comezamos cos experimentos na aula de 5 anos
Este xoves demos comezo por fin ó primeiro experimento, que nesta ocasión se divide en dúas partes, e teremos que esperar uns días para ver o resultado.
O protagonista era un "ovo" e tamén o "vinagre".
Todos cheiramos o vinagre, nun principio, intuíndo de qué podía tratarse e retirando a veces a cara porque o seu cheiro á maioría non nos gustou.
Ángela explicounos que o meteríamos nun vaso, totalmente cuberto por vinagre e debíamos esperar uns días a ver qué sucedía.
Fixemos propostas sobre o que sucederá nestes días co ovo. Éstas son algunhas:
Cada equipo de nen@s cubreu o seu ovo con vinagre e etiquetou o vaso para telo localizado cando volvamos o luns e vexamos qué sucedeu.
Cada equipo rasgou papel de xornal, que logo había que empapar en cola con auga nunha gabeta, para pegar sobre a estructura.
O protagonista era un "ovo" e tamén o "vinagre".
Todos cheiramos o vinagre, nun principio, intuíndo de qué podía tratarse e retirando a veces a cara porque o seu cheiro á maioría non nos gustou.
Ángela explicounos que o meteríamos nun vaso, totalmente cuberto por vinagre e debíamos esperar uns días a ver qué sucedía.
Fixemos propostas sobre o que sucederá nestes días co ovo. Éstas son algunhas:
-ESTOUPARÁ.
-CAMBIARÁ DE COR.
-ROMPERÁ.
-NACERÁ UN POLIÑO.
-QUEDARÁ SEN CÁSCARA E PARTIRÁ.
Nesta sesión tamén aproveitamos que estabamos organizados en recantos, para comezar a traballar na mascota da aula. Recordades que a familia de Alejandro nos trouxera a estructura? A fixeron con tubos e unha maceta, máis aramio para as orellas.
Cada equipo rasgou papel de xornal, que logo había que empapar en cola con auga nunha gabeta, para pegar sobre a estructura.
Todavía queda moito por facer para que se transforme en Carolina, pero imos por bo camiño!!
martes, 16 de outubro de 2018
A profe Rocío
Este pasado xoves despedimos a nosa compañeira Rocío despois de vivir con ela unha chea de boas vivencias.
Desexámoste que se sexas moi feliz na tua nova vida!
Unha visita moi especial
O alumnado de primeiro tivo una visita moi especial. Catro agarimosas mulleres dun centro de dia de maiores lles axudaron a facer unha divertida planta "peluda".
Bravo por elas!
venres, 12 de outubro de 2018
En que andivemos a traballar nestas semanas- Infantil 5 anos
Nestas semanas de outubro andivemos moi ocupados con un montón de tarefas, que vos contamos agora.
Finalizando setembro foramos polas clases para pedir aos compañeir@s e profes que nos facilitasen un listado cos seus nomes e lles explicamos que os necesitamos para investigar qué nomes se repiten moito e cales pouco ou nada e con ista información crear unha gráfica ou estatística nun enorme mural.
Comezamos elaborando un listado cos nosos nomes e a a partir de éste, cada vez que nos chegaba a clase un listado dunha aula, despóis de ler todos os nomes, anotábamos os novos, que non se repetían,
e como eran bastantes debiamos comezar novas columnas.
Os que sí se repetían, os marcabamos cun cadrado vermello de papel adhesivo, que pegamos ó lado do nome en cuestión, tantos cadrados como veces se repetiran.
Só nos faltan un par de aulas para seguir cotexando e cando rematemos, organizaremos toda esta información de xeito que se poida entender perfectamente cales non se repiten nin unha vez e cales varias, a través dunha GRÁFICA.
Aproveitamos para traballar con estes diversos listados de alumnos, e en fichas, unhas veces os enumeramos, outras buscamos os nomes repetidos, emparellamos co nome en minúsculas, buscamos letras neles.....
Tamén en setembro estivemos a falar e decidir sobre qué temas nos gustaría investigar na aula e aprender novas cousas.
Houbo unha extensa proposta, sobre a que votamos un par de veces.
Para finalmente facer unha
terceira e última votación sobre os temas máis votados, que foron:
ÁGUIAS, PAXAROS, LEÓNS e SUPERHEROÍNAS.
O TEMA GAÑADOR FOI OS LEÓNS!! Vos iremos contando cómo vai indo a nosa investigación.
Ademáis tivemos na aula unha sorpresa que nos gustou moito. A familia de Alejandro estivo traballando para obsequiarnos cunhas marionetas, que eles, a partir de teas, cortaron e coseron. Alejandro tamén colaborou, pois tiña que contalas ben para que non faltara ningunha xa que na clase somos 20.
Este agasallo o completaremos na aula, pegándolle ollos, narices, bocas, cabelo e todo o que nos ocurra. Isto o faremos máis adiante, a través dos equipos, que sempre é máis doado para organizarse, e para ser productivos, axudándonos uns ós outros.
Polo momento anotamos nun folio a cor que nos gustaría ter a cada un e cando nos poñamos dacordo no reparto, daremos comezo.
A familia de Alejandro ademáis tamén nos regalou unha estructura feita con tubos e unha maceta, para que poidamos confeccionar a nosa mascota "Carolina" en tamaño xigante e tridimensional, e así tela sempre nun recantiño da aula. Pero isto volo contaremos noutro momento e vos amosaremos cómo é.
Polo de pronto, Moitas Gracias Sheila, Candu e Alejandro!!!
Nos despedimos cunhas fotos de algúns momentos vividos na aula, nos distintos xogos ou recantos.
luns, 8 de outubro de 2018
Consensuamos as normas de aula deste novo curso- Infantil 5 anos
Como en cada comezo de curso, é importante recordar as distintas normas que rexerán a convivencia na escola e máis particularmente, na aula, ese espacio no que pasamos tanto tempo xunt@s.
Por equipos as anotamos para o mural e as representamos para unha fotografía que as reflexaría moi ben acompañando o texto.
PEDIR A QUENDA PARA FALAR |
Éstas son as normas consensuadas:
COIDAR AOS COMPAÑEIROS |
SENTARNOS BEN |
COMPARTIR O MATERIAL |
FALAR BAIXO |
COIDAR O MATERIAL |
RECOLLER Ó REMATAR |
ESTAR ATENTOS |
ANDAR AMODO |
Individualmente levamos nun folio todas estas normas para ter na casa e tamén para explicalas ás familias.
Temos o mural das normas moi pretiño de nós e así sempre que xurde un problema acudimos a él para recordar cómo facer.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)