Despois duns días agardando a ver que lle sucedía ó ovo sumerxido en vinagre, por fin puidemos comprobar que pasara. Neses días cada vez que botabamos unha ollada, o ovo estaba totalmente cuberto de burbulliñas.
Xa cando cada equipo tivemos o ovo no prato nos quedamos moi moi sorprendidos ó ver que non tiña a cáscara e era super brandiño.
Coprobamos que o ovo aínda que seguía tendo a mesma apariencia, sen a cáscara era moi blandiño e podía romper se non tiñamos coidado, e así foi nun equipo.
Noutra sesión cubrimos o noso dossier, pegando as fotos dos materiais que utilizamos, numerando o experimento, debuxándoo e escribíndolle un título.
A explicación sinxela, coa que nos quedamos nós, é que o vinagre está formado por sustancias que entran en contacto con outras que hai na cáscara do ovo, que fan que a cáscara desapareza, por unhas burbulliñas que se producen, que a van descompoñendo.
Pero para quen queira unha explicación máis elaborada, pode consultar nesta páxina:
Aquí deixamos unha breve mostra do momento no que observamos os nosos ovos. Qué emoción!!
A un equipo se lle rompeu o ovo nada maís sácalo do vaso.....
Ningún comentario:
Publicar un comentario