No blogue da Rufiteca tedes unha nova entrada do alumnado de 5 anos na que traballaros cun novo conto da biblioteca, "A Vaca Victoria", que foi a inspiración para crear e imaxinar unha historia. Para velo, pinchade na foto.
xoves, 30 de marzo de 2017
xoves, 16 de marzo de 2017
Visita da pintora Olga Martínez
A semana pasada visitounos a pintora Olga Martínez que nos falou da súa vida e da súa obra. Aprendimos moito sobre o arte da pintura e quedamos encantados coa visita! En breve compartiremos por aquí os vídeos desta magnífica experiencia!
Ponte a...XOGAR
Os alumnos de 5ºEP participan no proxecto "Ponte a.... xogar" en colaboración cos colexios de Xeve e Lerez para a mellora do uso do galego nos escolares do concello de Pontevedra.
O norteamericano e galego-falante Mark visitounos para mostrarnos como se constrúe un papaventos. Nòs aprendemos enseguida e, noutra sesión, fixemos unha gravacion para mostrarllo aos nenos de Lerez e Xeve.
Por último saimos ao patio para comprobar o ben que voaban as nosas creacións e quedamos moi contentos. O próximo martes, 21 de marzo, teremos a xornada de convivencia para compartir con eles as experiencias.
Para ver más fotos, pinchar en la foto de abajo.
mércores, 8 de marzo de 2017
DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Desde o colexio queremos homenaxear o día de hoxe, 08 de marzo, DÍA DA MULLER TRABALLADORA de varias maneiras, entre as que destacamos o mural que hai na entrada do colexio onde amosamos o gran traballo de mulleres artistas como Frida Kahlo, Julia Minguillón, Maruja Mallo,...onde ocupa un lugar primordial OLGA MARTÍNEZ, pintora de Pontevedra que este venres 10 vén visitarnos ó colexio.
Nas aulas traballouse a obra "Sorpresa del trigo"de Maruja Mallo, na que se realizou unhas tarxetiñas para cada neno e visualizouse un pequeno vídeo explicativo da obra (que podedes visualizar pinchando na seguinte imaxe):
Os de infantil do cole tamén homenaxearon este día a través de diversas actividades. A continuación podedes ver un pequeno vídeo do alumnado de 5 anos en homenaxe as Mulleres traballadoras das súas vidas: as nais.
E en 2º de Primaria aprendemos moito sobre a vida de Amelia Earhart, a primeira muller piloto así como das famosas escritoras, as irmáns Anne, Charlotte e Emily Brontë.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)