luns, 29 de febreiro de 2016

Reforestando Campañó

Hoxe os nenos e nenas de infantil voltaron a ser o noso orgullo, reforestando con castiñeiros un monte en Soutonovo. Isto foi posible gracias á Comunidade de Montes de Campañó e ao Concello de Pontevedra. Xa sabedes iso que din de que na vida hai que prantar unha árbore, escribir un libro e ter un fillo... pois nós xa fixemos o primeiro ;)

Incluso saímos na páxina web do Concello, mírade mírade, é para estar ben orgullos@s. Ligazón á nova.

https://www.flickr.com/photos/ceipparadacampano/albums/72157665078660652 
 Preme na imaxe para ver máis fotos

xoves, 25 de febreiro de 2016

Entrevista en Radio Pirata Campañó

Hoxe por fin tocáballe ás rapazas facer o seu primeiro programa de radio, e nesta ocasión tivemos a sorte de poder disfrutar da compañía de Cristina, Paula e Soraya que lle fixeron unha entrevista á nosa Xefa de Estudos e mestra de infantil, María.
Aquí tendes o podcast co resultado, agardamos que vos guste.


mércores, 24 de febreiro de 2016

Día de Rosalía de Castro

Aproveitando que o día 24 de febreiro festéxase en toda Galicia o día de Rosalía de Castro en conmemoración ao seu nacemento, un novo grupo de nenos composto por Dani B., Ismael e Dani C. fixeron un programa de presentación e leron un cacho do poema "Adiós ríos, adiós fontes".
Aquí está o podcast, agardamos que vos guste.


Deixámosvos tamén esta preciosa ilustración da escritora feita por Aurora Cascudo Román

venres, 19 de febreiro de 2016

Plan Proxecta

Este ano estamos a participar no Plan Proxecta co programa Máis e Mellor Actividade Física (MMAF) que realizaremos durante o curso 2015/16 . Ten como finalidade posibilitar unha acción transversal e común das materias de Ciencias Sociais/Naturais e Educación Física, dentro das Competencias Clave, que incentive hábitos de vida activa e saudable e prevención de enfermidades a través do incremento de actividade física.

Os contidos deste programa serán impartidos de xeito interdisciplinar, coa colaboración dos mestres de 1º curso, que imparten a área de Ciencias Sociais/Naturais, e do mestre de Educación Física.

Premede nesta ligazón para ver todo o que levamos feito xa.

xoves, 18 de febreiro de 2016

Poema de inverno.

Os nenos de 6º de infantil do CEIP Parada Campañó escribimos e ilustramos un poema para a nosa mascota da biblioteca que recitamos o día da paz.

AS VOCES DA AULA

Chegou a primeira entrega de "As voces da aula"! Os nenos e nenas de primeiro de primaria son os protagonistas desta nova aventura na que nos darán a súa opinión sobre diferentes temas de actualidade.

Nesta primeira entrega Marta, Oliver, Álex, Alejandra, Katia e Crala falan sobre o día dos namorados. Esperamos que vos guste! Vémonos na próxima entrega de "As voces da aula". Recordade que nos podedes propoñer novos temas para preguntarlle aos nenos de 1º.

mércores, 17 de febreiro de 2016

Concerto

Proximamente asistiremos á ópera Guillermo Tell composta por G. Rossini. Nos seguintes vídeos poderás escoitar partes da obra.

martes, 16 de febreiro de 2016

Os nosos monicreques

Os nenos e nenas da clase de 6º de Infantil fixemos uns monicreques para contar unha historia moi atlética. Mirade que divertida quedou a nosa curtometraxe.

venres, 12 de febreiro de 2016

Xa está aquí "Radio Pirata Campañó"

Hoxe tivemos un novo fito na escola, estreamos a nosa emisora de radio, "Radio Pirata Campañó"! Aproveitamos para conmemorar que mañá día 13 de febreiro, a UNESCO e as Nacións Unidas festexan o Día Mundial da Radio e fixemos un programa de proba durante o recreo.


Cun montón de problemas técnicos pero content@s de poder iniciar esta andaina que levará a voz dos nenos e nenas do CEIP de Parada-Campañó a todos os recunchos do mundo, Pablo, David, Yoel e Gabriel de 5º de Primaria xunto co mestre Javier de Audición e Linguaxe, mantiveron unha pequena charla e puxeron algo de música. Pronto teredes máis novas desta potente ferramenta escolar, polo de agora aquí podedes escoitar as nosas voces.


Premede no botón laranxa e blanco de "Play" para escoitar a nosa emisión.

mércores, 10 de febreiro de 2016

Festa do entroido

O venres 5 tivemos a festa do entroido na escola e compartimos cos pais, nais, avós, avoas e demais familia un momento especial e divertido. Deixámosvos un vídeo dalgúns momentos que vivimos.



Subscríbete!

martes, 9 de febreiro de 2016

Xornada de portas abertas

Seguro que levades un tempo pensando que vos gustaría coñecer máis de preto a nosa escola, se é así estades de noraboa xa que temos unhas "Xornadas de portas abertas" para tod@s @s papás e mamás que queiran vir a visitar o centro.

Poderédelo facer:
MARTES 16 DE FEBREIRO de 16:30 a 18:00  
VENRES 19 DE FEBREIRO de 9:30 a 11:00  
(para vir noutro momento concertade cita por teléfono)

domingo, 7 de febreiro de 2016

Nova galería de imaxes

Temos unha nova galería de imaxes no cole, moito máis accesible e sinxela de empregar, onde iremos colgando as fotos das actividades que imos facendo ao longo do curso. A ligazón para visitala é:


https://www.flickr.com/photos/ceipparadacampano/albums

luns, 1 de febreiro de 2016

Máis emocións!

Seguindo co traballo da educación emocional co libro "O monstro de cores" na aula de 4º de Infantil tamén estiveron ordeando as súas emocións. Estes días traballaron a ALEGRÍA.

Primeiro elaboraron o seu bote amarelo con anaquiños de papel seda, traballando así a súa motricidade fina. Despois xogaron coa súa expresión facial, recollendo os diferentes xestos en fotografías. E por último compartiron cos demais aquelas situacións que lles fan sentir esa emoción; e este é o resultado:


"O amarelo é a alegría. Brila como o sol e parpadea como as estrelas. Cando estás alegre bailas, sonries, xogas, saltas.... e queres compartila cos demais".