Amosando publicacións coa etiqueta 5ºPrimaria. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 5ºPrimaria. Amosar todas as publicacións

mércores, 13 de xaneiro de 2021

OBRADOIRO DE RADIO ESCOLAR A CARGO DE PONTE NAS ONDAS

 

 

 Este martes o alumnado de 4º e 5º participou nun obradoiro de RADIO ESCOLAR, impartido por dous membros de Ponte nas Ondas.


O obradoiro dividiuse en tres partes:

Unha parte sobre coñecementos de edición e son, traballando co programa AUDACITY, na sala de ordenadores. Impartida por Xerardo.






Unha segunda parte sobre entonación e oralidade, impartida en cada aula, por Damián.



E por último, xa todos xuntos no ximnasio e gardando as distancias e medidas de seguridade necesarias, realizouse un programa completo que consistiu en redactar diferentes tipos de novas así como tamén un rap, chistes e publicidade. Todo isto fíxose por parellas e foi feito sobre a marcha, o que ten máis mérito todavía por decidir no momento sobre que escribir e poñerse mans á obra!




Desfrutamos e aprendimos todos un montón!! 

 

O máis emocionante foi sentarnos diante do micro e contar as nosas novas.




 

 

En rufiteca poderedes escoitar próximamente o programa que levamos a cabo. Nós tamén andamos a practicar co Audacity para poder montar o resultado desta xenial actividade!!


Grazas a Damián e Xerardo, de Ponte nas Ondas, por transmitirnos tantas cousas interesantes e facelo con tanto entusiasmo!!



luns, 23 de abril de 2018

OBRADOIRO DE XOGUETEOLOXÍA (5º e 6º EP)

      Os alumn@s de 5º e 6º participaron hoxe nun obradoiro de xoguetoloxia destinado a coñecer diferentes xogos e actividades que non requiren mais que do propio corpo para ser levados a cabo. 

      Foi moi divertido e quedámonos con ganas de máis! PINCHADE NA FOTO PARA VER MÁIS.




mércores, 21 de xuño de 2017

FRIDA KAHLO POR 5º DE ED.PRIMARIA

O alumnado de 5º Ed.Primaria traballaron durante este curso arredor da pintora Frida Kahlo. Foi un proxecto moi bonito no que viaxaron polos anos descubrindo os cadros, a súa vida,...rematando todo la elaboración dunha cuidada y laboriosa exposición nos murais do colexio. Aquí podedes ver mostra de dito traballo. Precioso chicos!









mércores, 4 de maio de 2016

A escola escoita

Segundo o artigo 12 da Convención sobre os Dereitos do Neno (a) do 20 de novembro de 1989 aprobada polas Nacións Unidas e ratificada por moitos países incluidos España: O neno ten dereito a expresar a súa opinión e a que este se teña en conta nos asuntos que lle afectan. En moitas ocasións esquecemos este dereito, pero non no CEIP de Parada-Campañó, e por eso na Radio Pirata Campañó estreamos un novo programa chamado A Escola Escoita na que o noso alumnado explica algunhas das necesidades e cuestións que se deberían mellorar na escola.

Que todo o mundo estea moi atento ao que nos contan por unha banda Iris e Daniel de 4º de Primaria e Laura e Elena de 5º de Primaria por outra. Eles xunto coa axuda d@s seus/súas compañeir@s elaboraron unha boa lista de cousas que hai que mellorar na escola, escoitade.

xoves, 28 de abril de 2016

Os 4 tolos - Faladoiro de actualidade

Hoxe no programa do clube de radio: "Os 4 tolos", falamos da actualidade que atopamos a diario na prensa. Nesta ocasión tratamos unha nova que recollía La Voz de Galicia sobre o acoso escolar titulada: El 70% de los menores que sufre acoso escolar lo padece a diario. A nova publicábase na prensa este pasado martes 26 e podédela ler íntegramente eiquí. Estas foron as súas opinións.


sábado, 16 de abril de 2016

Os 4 tolos - Boas Novas

Gabriel, Pablo, David e Yoel son nenos de 5º de Primaria que teñen o seu propio programa dentro da Radio Pirata Campañó, chamado "Os 4 tolos".

Nesta ocasión viñeron a contarnos boas novas atopadas na prensa. Semella que cada día é máis difícil atopar novas que falen de cousas positivas e estes catro alumnos do cole viñeron a darnos unha mostra de que si se busca ben, tamén existen as boas novas.