martes, 29 de decembro de 2020

CHEGOU O NADAL A CAMPAÑÓ!

 

 

Nos días previos ás vacacións de Nadal, andivemos inmersos en moitas actividades prenavideñas.

Ademáis de decorar as aulas e os corredoiros con moitos traballiños nosos,  visitounos Papá Noel,  e desfrutamos dun concerto a cargo do grupo Animart-e  e dunha rica chocolatada, organizados ambos pola ANPA do noso colexio. Agradecemos a súa iniciativa e colaboración ,  e especialmente a participación ás fmilias voluntarias, pois sin elas non sería posible.

 




luns, 30 de novembro de 2020

DEREITO A XOGAR E DIVERTIRSE-- OS XOGOS DO NOSO PATIO

 

O 20 DE NOVEMBRO FOI O DÍA DA INFANCIA.

A ESCOLA, A NOSA ESCOLA, REPRESENTA UN EIXE E UN ESPAZO FUNDAMENTAL E POTENCIADOR DO DEREITO AO XOGO.

 

O CURSO PASADO INICIAMOS UN PROXECTO, "XOGAMOS?", QUE NON SE PUIDO FINALIZAR COMO TIÑAMOS PENSADO, QUE ERA, PINTANDO ENTRE TODOS- ALUMNADO, FAMILIAS E PROFES- XOGOS NOS NOSOS PATIOS.

 

NO MES DE XUÑO, OS MESTRES E MESTRAS DECIDIMOS QUE NON PODIAMOS DEIXAR SEN REMATAR A PARTE MÁIS IMPORTANTE, E NOS PUXEMOS MANS Á OBRA....OU MÁIS BEN.....Á BROCHA.


AQUÍ VOS DEIXAMOS UN PEQUENO RESUMO AUDIOVISUAL DE COMO SE LEVOU A CABO.

 



 

 

venres, 6 de novembro de 2020

Nano ten diabetes

 Hoxe os pequenos de 5º e 6º de Ed. Infantil asistimos a un contacontos organizado polo Concello e a Asociación de nenos e nenas con diabetes de Galicia (Anedia).

Pasámolo xenial!












 Con este conto  quedounos moi claro que é a diabetes .
Estamos encantados de ter no cole este tipo de iniciativas.



xoves, 5 de novembro de 2020

Samaín 2020

As cabazas do Samaín chegaron ao noso cole, aínda que fora dunha maneira especial.
Nenos e nenas traballaron moito nas súas casas e con todas as súas cabazas presentamos esta bonita exposición virtual.
Grazas a todos os participantes!!!
 

E tamén vos queremos ensinar moitas "cousiñas" bonitas das cortizas dos nosos corredores.











domingo, 1 de novembro de 2020

Samagosto 2020.

 Este venres celebramos na escola a festa do SAMAGOSTO.

Cada grupo desfrutou do seu momento no patio para degustar as castañas asadas, bailar, participar en diferentes xogos e dar algún que outro susto, oculto no seu disfrace terrorífico.

A pesar das restricciones e das medidas que temos que tomar pola Covid, foi un día especial e pasámolo xenial!


            

Outono Fotográfico

 Na entrada do colexio temos un mural moi chulo que fixemos con todas as fotos que nos enviástedes sobre o outono.

Pena que non podades entrar no cole para velo.


Grazas pola participación!

luns, 26 de outubro de 2020

CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 


O pasado sábado 24 de outubro foi o día das BIBLIOTECAS ESCOLARES e na escola hoxe o celebramos cunha actividade de intercambio  na que os alumnos dun grupo agasallaban aos compañeiros de outro grupo cun marcapáxinas feito por cada quen na escola.


Aínda que todo son normas e medidas de seguridade, respectándoas e seguindo o protocolo, demos levado a cabo e participado nesta proposta na que todos saímos gañando e na que o esforzo transformouse en satisfacción!!



Ná páxina de Rufiteca podedes ler máis sobre a actividade!


Saúdiños e boa lectura!!

venres, 12 de xuño de 2020

luns, 11 de maio de 2020

Carta da profe Eugenia

Ola nenos /as :
Estou tan contenta dos  traballos  que me enviades dende casa que hoxe fíxenvos este 
agasallo titulado "os mellores momentos de 2ºB " 
Hai poucas fotos porque o curso deu para pouco pero penso que vos pode gustar miralo e seguro os achega  un pouco máis  nestes momentos de confinamento.
Un besazoooo  enoooorme queridiños.
Profe Eugenia.

martes, 5 de maio de 2020

TENDEMOS MANS

AKI E NANUQ, DOUS NENOS DO NOSO COLE, LANZARON UNHA PROPOSTA FAI UNS DÍAS: TENDER AS NOSAS MANS FORMANDO UN TENDAL COMÚN.
MOITAS GRAZAS A TODAS AS NENAS E NENOS QUE APORTARON O SEU GRAN DE AREA PARA CONSEGUILO!!
AQUÍ TEMOS O RESULTADO!!!

luns, 27 de abril de 2020

A comer!

Os rapaces e rapazas de 3º de primaria son uns expertos cociñeiros.
Aquí tendes as súas receitas.

luns, 20 de abril de 2020

Carteis de Esperanza. 3º Primaria.

Os nenos e nenas  de 3º de primaria colgaron nos balcóns das súas casas carteis de ánimo e  queren campartilos con todos nós.


luns, 16 de marzo de 2020

CONMEMORANDO O DÍA DA MULLER!!



O pasado luns 9 de marzo celebramos no cole o DÍA DA MULLER, a partir dunha actividade INTERAULAS, proposta desde a biblioteca.

Quixemos facer unha pequena homenaxe a dez mulleres que estivesen vinculadas ao deporte, para continuar a darlle significatividade ao noso proxecto de centro, "Xogamos".

Éstas son elas, e se queredes saber máis sobre esta actividade e sobre cada unha das nosas homenaxeadas, pinchade na fotografía.

http://rufiteca.blogspot.com/
Esta actividade tamén a trasladaremos á nosa Radio Escolar, dando conta nela das súas biografías. 



mércores, 26 de febreiro de 2020

ENTROIDO 2020

 O PASADO VENRES CELEBRAMOS O ENTROIDO NO NOSO COLE.
A TEMÁTICA XIROU EN TORNO AOS XOGOS E, DESTE XEITO, A DIVERSIÓN ENCHEU O PATIO PARA DISFRUTE DE TODOS.

PARA COMEZAR... UN PEQUENO DESFILE LUCINDO OS NOSOS MODELOS AO RITMO DA MÚSICA!!!!


E, A CONTINUACIÓN, AS ACTUACIÓNS...

COMEZARON OS MÁIS PEQUEN@S DO COLE: MR. E MRS. POTATO, OS LEGO E AS OCAS.


O ALUMNADO DE 1º DE PRIMARIA XOGARON AOS BOLOS.


OS RAPACES DE 2º A E B DE PRIMARIA BOTARON UNHA PARTIDA AO XADREZ

.
NA SÚA QUENDA, OS ALUMN@S DE 3º PUXERON AS PEZAS DO DOMINÓ A BAILAR.


COS RAPACES DE 4º CHEGOU A HORA DE XANTAR COS SEUS "COMECOCOS".


E, PARA REMATAR, OS MAIORES DE 5º E 6º DE PRIMARIA E A SÚA BARALLA DE CARTAS.


ADEMAIS, SE QUEREDES VER MÁIS FOTOS DO ENTROIDO... SÓ TENDES QUE IR AO SEGUINTE ENLACE!!


mércores, 19 de febreiro de 2020

O LOBO E A LÚA

Hoxe os pequenos da escola fomos a Fundación a ver unha obra de teatro titulada O lobo e a lúa de Baobab teatro.

Había unha vez un pequeno lobo que vivía no Prado Azul e precisaba falar coa Lúa, era moi importante o que lle tiña que dicir, como a lúa estaba moi lonxe non lle escoitaba, así que o lobo tiña que berrar, cos seus berros non deixaba durmir a ninguén, nin a Nina a tartaruga, nin a Duarte o elefante, nin a Miñao o gato malvado.
No seu intento de falar coa lúa coñece a Mariano, un rato falador e divertido que lle axudará, ou quizais non. No prado azul esta noite, ninguén pode durmir!
Gustounos moito e a saída tivemos a sorte de saudar ao lobo.

luns, 17 de febreiro de 2020

OS AV@S DE SARAIVA

O PASADO MARTES , OS PEQUENOS DE INFANTIL, RECIBIMOS NO COLE AOS AVÓS E AVOAS DO CENTRO DE MAIORES DE SARAIVA EN POIO.

ADOLFO, ANTONIO, PURA E PILAR COMPARTIRON CON TODOS NÓS O SEU TEMPO E CONTÁRONOS COMO XOGABAN ELES DE PEQUENIÑOS.


NON TIÑAN CARTOS NAS SÚAS CASAS ASÍ QUE EMPREGABAN A SÚA IMAXINACIÓN PARA XOGAR.
ANTONIO TRANSFORMABA CALCETÍNS VELLOS, ENCHIDOS DE TRAPOS, EN PELOTAS. PURA FACÍA BONECAS CON TRAPOS E PILAR XOGABA ÁS CASIÑAS CON PEDRAS, ANACOS DE PLATOS E HERBAS. ADOLFO NON XOGABA , XA CON 7 ANOS TIÑA QUE TRABALLAR.


DESPOIS DA CONVERSA XOGARON UN RATIÑO CON NÓS, " LANZAMENTO DE SACOS DE AREA"



GRAZAS AVÓS A AVOAS POLO VOSO TEMPO!

mércores, 5 de febreiro de 2020

DÍA DA PAZ

O PASADO 30 DE XANEIRO CELEBRAMOS NO COLE O DÍA DA PAZ.
DESPOIS DO RECREO, MESTR@S E ALUMN@S BAILAMOS E CANTAMOS XUNT@S A CANCIÓN "COSQUILLAS".
UN RATO DIVERTIDO PARA PARA SACAR A MELLOR DAS NOSAS SONRISAS.














ADEMAIS, NA ENTRADA DO COLE PODEDES ATOPAR A ÁRBORE DA PAZ, FEITAS CON TODAS AS NOSAS MANS. 
E RODEANDO ESTA ÁRBORE UNS DECÁLOGOS PARA XOGAR EN PAZ, ELABORADOS EN TORNO AO PROXECTO "XOGAMOS?" DESTE CURSO.












martes, 4 de febreiro de 2020

A 4 PATAS

O MÉRCORES 29 ORGANIZAMOS NA ESCOLA UN OBRADOIRO DE SENSIBILIZACIÓN CHAMADO "A CATRO PATAS" PARA TRABALLAR VALORES CO ALUMNADO DE PRIMARIA.