martes, 22 de marzo de 2016

A granxa do tío Manuel

O P.E.L.O. ou Programa de Estimulación da Linguaxe Oral lévase a cabo polo profesorado de Audición e Linguaxe nas aulas de infantil para incentivar a adquisición das distintas características que conforman a nosa linguaxe e a nosa fala.

Hai moitas actividades para estimular a fala d@s pequen@s, unha moi boa é a música, xa que permite dun xeito lúdico que @s nen@s participen en cancións, recoñecendo a súa propia fala, a d@s compañeir@s e tamén as diferentes cualidades da voz como o timbre, a intensidade, o volumen e a altura ou tono. Ademáis o emprego das onomatopeias sérvennos para mellorar o noso sistema fonolóxico.

Co tema "A granxa do tío Manuel" facemos unha combinación de música e onomatopeias e @s nen@s de 4º de Infantil pásanno en grande. Mirade este vídeo e cantade con nós: "vide xogar, vide xogar, na nosa granxa pasarémolo guai".

mércores, 9 de marzo de 2016

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER

O 8 de Marzo celébrase o día da muller. Os nenos e nenas de 1º de Primaria traballamos con un pequeno conto no que a súa protagonista é "SuperLola".

É unha nena que quere ser heroína, para loitar por un mundo mellor no que todos os nenos e nenas poidan ser libres para
facer o que máis lles guste.




Nos estivemos a falar dos nosos personaxes de contos favoritos, e vimos que aínda que uns son chicos e outras son chicas todos teñen as mesmas cualidades: valentes, cariñosos, fortes, alegres, loitadores....



























Aquí tedes o enlace para poder ver o conto de "SUPERLOLA".

venres, 4 de marzo de 2016

A casa da mosca chosca

Os nenos e nenas de 6º de Infantil do CEIP de Parada-Campañó traballamos moito co conto de Iria Mejuto e Sergio Mora, "A casa da mosca chosca".

Todo dentro do Programa de Estimulación da Linguaxe Oral de Audición e Linguaxe. Primeiro lemos o conto, despois fixemos as caretas e aprendimos os nosos papeis, levando a cabo unha pequena interpretación teatral.

Despois diso e aproveitando que o proxecto do cole chámase "¡Luces, cámara, acción!" fixemos a nosa propia película.

Repartimos as funcións do seguinte xeito, encargándonos da cámara, do son, da claqueta, ...
- Saúl: narrador, oso larpeiro e claqueta
- Saray: cámara e mosca chosca
- Iago: son e escaravello revello
- Naiara: realización e morcego chairego
- Pablo: cámara e mosca chosca
- Nayra: producción e sapo castrapo
- Mario: escenario e lobicán pillabán
- Alba: personaxes e moucha repoucha
- Xiana: personaxes, producción e raposa chistosa

Deunos moito traballo, pero mirade o resultado da nosa primeira película:



mércores, 2 de marzo de 2016

AS VOCES DA AULA 2

Xa temos aquí a segunda entrega de As voces da Aula. Nesta ocasión participan Daniel, Jonatan, Iago, Laura, Paula e Oliver e contannos que lles gustaría ser cando sexan maiores. Esperamos que vos guste! Vémonos na próxima entrega!

martes, 1 de marzo de 2016

Cantamos!

As nenas e nenos de 5º e 6º de Infantil cantamos a canción da vaca Valentina, que unhas veces está contenta e outras de mal humor... Adiviñas como se atopa en cada canción?