Para que lles quedase así de ben primeiro fixeron unhas prácticas despois dunhas clases nas que aprendimos a empregar a tableta como cámara de video. Tamén tivemos que aprender a superar a vergonza que nos da falar diante dunha cámara e a expresarnos con claridade para que se nos entenda. Coma sempre estes nen@s acabaron facéndoo de marabilla e mirade que xeito se daban, é probable que aquí se atope a Isabel Coixet ou o Pedro Almodovar do mañá.
Amosando publicacións coa etiqueta iPads b>. Amosar todas as publicacións

xoves, 2 de xuño de 2016
Manuel María pol@s nen@s de Infantil
O alumnado de 6º de Infantil quixo facer unha pequena homenaxe a Manuel María gravando en video o seu recitado de varios poemas do libro "Os soños na gaiola".
Para que lles quedase así de ben primeiro fixeron unhas prácticas despois dunhas clases nas que aprendimos a empregar a tableta como cámara de video. Tamén tivemos que aprender a superar a vergonza que nos da falar diante dunha cámara e a expresarnos con claridade para que se nos entenda. Coma sempre estes nen@s acabaron facéndoo de marabilla e mirade que xeito se daban, é probable que aquí se atope a Isabel Coixet ou o Pedro Almodovar do mañá.
Para que lles quedase así de ben primeiro fixeron unhas prácticas despois dunhas clases nas que aprendimos a empregar a tableta como cámara de video. Tamén tivemos que aprender a superar a vergonza que nos da falar diante dunha cámara e a expresarnos con claridade para que se nos entenda. Coma sempre estes nen@s acabaron facéndoo de marabilla e mirade que xeito se daban, é probable que aquí se atope a Isabel Coixet ou o Pedro Almodovar do mañá.
martes, 19 de abril de 2016
Alicia
@s nen@s de 4º de Primaria presentan a súa propia interpretación da historia de Lewis Carroll, "Alicia no país das Marabillas".
Mediante o emprego de tabletas e o programa Cómic Life, desenrolaron toda unha historia marabillosa digna do mesmísimo Tim Burton. Guión, storyboard, fotografía, diálogos e ata o vestiario e a maquillaxe, traballaron arreo neste cómic... Non vos perdades nin unha páxina!

mércores, 2 de marzo de 2016
AS VOCES DA AULA 2
Xa temos aquí a segunda entrega de As voces da Aula. Nesta ocasión participan Daniel, Jonatan, Iago, Laura, Paula e Oliver e contannos que lles gustaría ser cando sexan maiores.
Esperamos que vos guste!
Vémonos na próxima entrega!
xoves, 18 de febreiro de 2016
AS VOCES DA AULA
Chegou a primeira entrega de "As voces da aula"! Os nenos e nenas de primeiro de primaria son os protagonistas desta nova aventura na que nos darán a súa opinión sobre diferentes temas de actualidade.
Nesta primeira entrega Marta, Oliver, Álex, Alejandra, Katia e Crala falan sobre o día dos namorados. Esperamos que vos guste! Vémonos na próxima entrega de "As voces da aula". Recordade que nos podedes propoñer novos temas para preguntarlle aos nenos de 1º.

xoves, 21 de xaneiro de 2016
Traballando as emocións coas tabletas en 6º de Infantil
O traballo por proxectos é unha ferramenta poderosa para á aprendizaxe na escola, e tamén o é o traballo cooperativo entre o profesorado. Aproveitando que a titora de 6º de Infantil traballou as emocións a través do libro "O monstro de cores", dende a clase de TICs continuamos este proxecto do seguinte modo:
Mediante as tabletas e traballando en equipos pequenos (parellas e grupos de tres) empregamos o programa Bosquexo (Sketches) para tratar de ordear as nosas emocións.

En primeiro lugar sacamos unha foto d@ nos@ compañeir@ interpretando unha emoción. A continuación, tal e como fai o noso querido monstro, empregaremos un código de cores para identificar o sentimento traballado.
Así a ledicia sería a cor amarela, a tristura a azul, á xenreira corresponderíalle a cor vermella...
Despois, complementamos a emoción con debuxos representativos (bágoas ou nubes para a tristura, raios e tronos para a xenreira, etc.).
Unha vez rematado imprimimos as nosas emocións e expoñémolas na aula. Mirade este pequeno vídeo onde se ve o resultado final do noso traballo. Agardamos que vos guste, pero ollo! isto aínda non rematou ;)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)