No noso colexio celebramos o Día da Paz como unha xornada moi especial para reflexionar sobre a importancia da paz, da non violencia, do compañeirismo e de estar unidos.
Ao longo dos días previos, en cada aula realizáronse diferentes traballos relacionados con este día, en pequeno grupo e coa colaboración dos compañeiros e compañeiras: manualidades, vídeos, fichas, asembleas e outras actividades que nos axudaron a pensar e a compartir ideas.
En primaria enchéronse de cor as nubes cheas de paz e creando arcos da vella que compartían preciosas mensaxes.
En infantil creáronse recursos audiovisuais, analizáronse curtas, realizáronse manualidades e reflexionaron sobre a importancia de levarse ben cos compis, coloreando debuxos como remtae.
Tamén se realizaran actividades dixitais integrando o proxecto anual de centro e as novas tecnoloxías como esta poesía coa voz en off do alumnado:
Ademais, os distintos cursos traballaron varias cancións nas sesións de música, que finalmente se dramatizaron de maneira conxunta no patio do colexio. O acto comezou coa lectura dun manifesto a cargo do alumnado de 6º de Educación Primaria, lembrándonos que a paz constrúese cada día con respecto, diálogo e unión entre todos e todas.
Chegou ese día tan importante nas nosas vidas: O DÍA DA PAZ. O 30 de xaneiro comprometémosnos un ano máis como defensores da paz e do entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar.
A dara é unha homenaxe a Mahatma Gandhi, líder pacifista que defendió e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica que foi asasinado o 30 de xaneiro de 1948.
Este ano, todos os cursos do colexio traballamos cun libros dos propostos polo equipo da biblioteca:
Despois, personalizamos os nosos banderíns onde deixábamos reflexadas:
- a palabra do conto que máis nos gusta sobre a paz
- o país que estamos a traballar no proxecto
- como se di esa palabra na lingua do país
- o pictograma da palabra
- e engadimos un código QR co vídeo que fixemos na aula.
Reunímosnos no ximnasio tras o recreo...
...e, por clase, explicamos a composicións do nosos banderíns...
... e proxectamos os vídeos para compartir as nosas mensaxes o resto dos compañeiros e mestres do cole. Se queredes velos, soamente tedes que ler o CÓDIGO QR do/s curso/s que queirades ver.