Estes días estamos traballando en Ciencias Sociais o tema do aire e a atmosfera e os fenómenos que se dan nela. Para iso realizamos un sinxelo experimento co que fabricamos chuvia e nubes en bolsas. Mirade!
mércores, 28 de novembro de 2018
Como se forman as nubes?
Experimento realizado en 3º de Primaria
Estes días estamos traballando en Ciencias Sociais o tema do aire e a atmosfera e os fenómenos que se dan nela. Para iso realizamos un sinxelo experimento co que fabricamos chuvia e nubes en bolsas. Mirade!
Estes días estamos traballando en Ciencias Sociais o tema do aire e a atmosfera e os fenómenos que se dan nela. Para iso realizamos un sinxelo experimento co que fabricamos chuvia e nubes en bolsas. Mirade!
sábado, 24 de novembro de 2018
luns, 5 de novembro de 2018
Samaín 2018- Infantil 5 anos
Vos deixamos un pequeno video con algunha das actividades nas que andivemos a enredar estes días pasados de Samaín e Magosto.
O mércores, día da festa no cole do "Samagosto", viñemos DISFRAZADOS para desfrutar todos xuntos de xogos e castañas. Mirade, mirade, qué medo!!
xoves, 1 de novembro de 2018
XORNADA DE CELEBRACIÓN DO SAMAGOSTO NO CICLO DE INFANTIL
O mércores 31 celebramos o SAMAGOSTO no colexio e, no ciclo de infantil, mestras, alumnas e alumnos viñemos disfrazados de mountruos, vampiros/as, piratas, momias, esqueletos, bruxas,... e disfrutamos de moitas actividades durante a xornada:
1º.- CONTACONTOS: tivemos unha sesión de contacontos a cargo da mestra María que nos
dramatizou a historia de Carabuñas.
2º.- DESGUSTACIÓN DE CASTAÑAS: despois do recreo o castiñeiro trouxo o seu tren de castañas para que as degustar amos quentiñas no patio xunto co resto de alumnado co colexio.
3º.- XOGOS POPULARES: Víctor, o mestre de Ed.Física, con axuda do alumnado de 6ºEP, prepararonnos uns xogos populares que foron moi divertidos:
- Tirar os bolos
- Aros musicais
- Encestar o globo.
4º.- BROMA INESPERADA: a mestra María F. foinos chamando por grupiños porque "aparecera" unha caixiña no corredor de abaixo e quería saber quen o puxera alí. O que non sospeitabamos era que nos levaríamos un pequeno sustiño... deixámosvos o vídeo para que o comprobedes.
Así quedou o ovo en vinagre despois duns días- Infantil 5 anos
Despois duns días agardando a ver que lle sucedía ó ovo sumerxido en vinagre, por fin puidemos comprobar que pasara. Neses días cada vez que botabamos unha ollada, o ovo estaba totalmente cuberto de burbulliñas.
Xa cando cada equipo tivemos o ovo no prato nos quedamos moi moi sorprendidos ó ver que non tiña a cáscara e era super brandiño.
Coprobamos que o ovo aínda que seguía tendo a mesma apariencia, sen a cáscara era moi blandiño e podía romper se non tiñamos coidado, e así foi nun equipo.
Noutra sesión cubrimos o noso dossier, pegando as fotos dos materiais que utilizamos, numerando o experimento, debuxándoo e escribíndolle un título.
A explicación sinxela, coa que nos quedamos nós, é que o vinagre está formado por sustancias que entran en contacto con outras que hai na cáscara do ovo, que fan que a cáscara desapareza, por unhas burbulliñas que se producen, que a van descompoñendo.
Pero para quen queira unha explicación máis elaborada, pode consultar nesta páxina:
Aquí deixamos unha breve mostra do momento no que observamos os nosos ovos. Qué emoción!!
A un equipo se lle rompeu o ovo nada maís sácalo do vaso.....
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)