No ciclo de infantil estivemos caminando cara Santiago durante este curso e, no camiño, aprendimos moito sobre simboloxías, culturas, idiomas, vestimentas, monumentos e vivencias.
Toda a nosa peregrinación foi a través de navegar por internet, dos libros, gracias ás experiencias que nos contaron uns pais, a través de contos e das fotos que nos mandabades as familias.
Entre moitas das actividades que levamos a cabo, fixemos varias manualidades na que cabe destacar unha moi divertida: DISEÑAR A NOSA PROPIA CAMISETA. Para iso foi necesario:
- Imaxinar e pensar en grupo que podemos facer.
- Organizar o material que precisamos.
- Dividir o traballo e o diseño.
Desa maneira, puxémonos mans á obra e comezamos a diseñar a nosa propia camiseta utilizando lapis, témpedas, cores, pinceis, rotuladores, pegamento,...e con todo fixemos unhas composicións preciosas ás que lles engadimos os nosos propios nomes. Ás mestras encantounos, ós nenos e ás nenas tamén e...a vos? Para ver o album con todas as fotos, PINCHADE AQUÍ.
ALUMNADO DE 3 ANOS
Pero as mestras non podemos queixarnos porque tamén temos as nosas camisetas diseñadas polos nosos alumnos e quedaron preciosas!!!
3 ANOS
Tras facer moitos diseños de os nenos e as nenas de 3 anos das mestras María e Begoña, sometimos a votación e estes foron os deseños elexidos das mestras peregrinas (pendente de subir a dunha profe)
4 ANOS
Os nenos e as nenas deste curso tamén quixeron debuxar a súa mestra facendo o camiño de Santiago e así quedou a camiseta.
5 ANOS
Os nenos e nenas maiores de infantil diseñaron o seu propio diseño da mestra e non houbo mellor idea que facer a camiseta con todos os diseños. Quedou chulísima, verdade?
QUE RECORDOS MÁIS BONITOS TEREMOS DESTE CURSO ESCOLAR PEREGRÍN!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario