domingo, 17 de xuño de 2018

Máis experiencias en torno ás árbores- Infantil 4 anos





Continuando coas experiencias en torno as árbores e bosques, na aula retomamos a historia de Wangari, levando a cabo un plan de diálogo en torno a esta temática.


 

Ademáis, feita xa a nosa "árbore das familias", tamén modelamos árbores en plastilina






en en barro.



Necesitamos auga  e  moita paciencia  para  poder  modelar as árbores, facerlle as ponlas... 



Cando  secaron, axudados por Ángela, que utilizou a pistola de silicona, eliximos a forma das follas, de entre  as  que  había  troqueladas en goma eva, cántas e  ónde  pegalas.

E así  nos  quedaron.




















 Tamén  pintamos  sobre  fotografías  feitas  ás  árbores  do  patio, que  volvimos  sair  a  observar os seus  cambios e  de paso  darlles  algunha  apertiña.


 
Escollemos a  que  nos  gustaba  e  sobre  ela  pintamos  con témpera

 

E como remate, traballamos en torno a unha  viñeta (Quino, 2004) na que a protagonista eran unha árbore e unha  sabrosa  mazá, a única que  colgaba  da  súa  ponla. 

A viñeta apareceu unha mañá pegada na pizarra e  durante uns días fixemos  as  nosas propias conxeturas sobre o que nela sucedía, ata que chegou o día no que o debatimos e  fumos suxerindo  o diálogo de cada escena.







Representamos  as  esceas  principais,  nas  que  un  señor
trataba  de  facerse  coa  mazá  colgada  da  ponla, cunhas maneiras pouco  axeitadas, como dándolle patadas  á  árbore, berrándolle  e  dicíndolle cousas 
feas, dándolle golpes  e  puñetazos.......fronte  a  outra  personaxe, un rapaz, que  desde  o  principio  tratou  moi  ben  á  arbore, dándolle unha  aperta, sendo respetuoso con ela, regándoa...e  a  mazá  foi  directa  ás  súas  mans.
Desta  historia  sacamos  unha  excelente  conclusión ou moralexa, que  se  resume  no  valor  do  respeto pola natureza e  da  necesidade  de  acadar  as  cousas  dun xeito pacífico e  amable.



A continuación podedes  visualizar  toda  a  historia  a  través  dun  pequeno video no que se amosan as  imaxes e para  cada  unha  delas hai  unha  narración feita  polos  nenos  que  quixeron  poñer  as  súas  voces.


Decoramos  as  escenas,  numeramos  cada  unha  delas, as  recortamos  e  montamos  un  pequeno libriño, que levamos para casa, para poder contar a historia a quen quixéramos.














Tamén  ensaiamos  na  clase  e  algúns  equipos  fomos  a  algunhas  aulas  a contar  a viñeta. Aínda  nos  quedan a clases  ás  que  ir, e  dous  equipos  por  intervir, daremos  rematado nesta  semana que entra

En Infantil  5  anos.




                                                                                         En 3º  e  4º





En  Primeiro.                                                                         

Ningún comentario:

Publicar un comentario