Páxinas

mércores, 6 de xuño de 2018

CAMISETAS PEREGRÍNS DE INFANTIL

  No ciclo de infantil estivemos caminando cara Santiago durante este curso e, no camiño, aprendimos moito sobre simboloxías, culturas, idiomas, vestimentas, monumentos e vivencias. 

   Toda a nosa peregrinación foi a través de navegar por internet, dos libros, gracias ás experiencias que nos contaron uns pais, a través de contos e  das fotos que nos mandabades as familias. 

   Entre moitas das actividades que levamos a cabo, fixemos varias manualidades na que cabe destacar unha moi divertida: DISEÑAR A NOSA PROPIA CAMISETA. Para iso foi necesario:

- Imaxinar e pensar en grupo que podemos facer.
- Organizar o material que precisamos.
- Dividir o traballo e o diseño.

     Desa maneira, puxémonos mans á obra e comezamos a diseñar a nosa propia camiseta utilizando lapis, témpedas, cores, pinceis, rotuladores, pegamento,...e con todo fixemos unhas composicións preciosas ás que lles engadimos os nosos propios nomes. Ás mestras encantounos, ós nenos e ás nenas tamén e...a vos? Para ver o album con todas as fotos, PINCHADE AQUÍ.

ALUMNADO DE 3 ANOS

ALUMNADO DE 4 ANOS


ALUMNADO DE 5 ANOS


Pero as mestras non podemos queixarnos porque tamén temos as nosas camisetas diseñadas polos nosos alumnos e quedaron preciosas!!!

3 ANOS

Tras facer moitos diseños de os nenos e as nenas de 3 anos das mestras María e Begoña, sometimos a votación e estes foron os deseños elexidos das mestras peregrinas (pendente de subir a dunha profe)



4 ANOS

Os nenos e as nenas deste curso tamén quixeron debuxar a súa mestra facendo o camiño de Santiago e así quedou a camiseta.




5 ANOS

Os nenos e nenas maiores de infantil diseñaron o seu propio diseño da mestra e non houbo mellor idea que facer a camiseta con todos os diseños. Quedou chulísima, verdade? 



QUE RECORDOS MÁIS BONITOS TEREMOS DESTE CURSO ESCOLAR PEREGRÍN!!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario