En xaneiro.....
Así comezaba a poesía que aprendemos todos, en Infantil, para recitar cunha manualidade que levamos para casa neste mes pasado. E por si nos deixamos algún verso atrás, aquí queda para que poidades axudarnos a recitala.
En enero
patino como quiero,
con bufanda y sombrero,
mientras me deslizo por el agua
helada del arroyo..
como sopa de arroz con pollo.
Un traguito.....a la una.
Un traquito.....a las dos.
Un traguito.....de sopa
con arroz.
Con esta actividade recortamos, picamos, estampamos, pintamos, tentamos ser curiosos e creativos e traballamos a expresión oral, a atención e a memoria.
Pero...hai moito máis que contar!!
Ademáis de continuar investigando sobre o camiño de Santiago, tamén pasou todo isto:
CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ
Hai unha entrada que fala das actividades que levamos a cabo a nivel de centro. Na aula tamén o traballamos, dialogando sobre o significado desta palabra que ano tras ano ten unha celebración e que día tras día os profes tratan de transmitirnos de diversos xeitos.
Ademáis do seu símbolo, que entre todos logramos recrear no patio, para finalizar cantando unha canción "A danza da paz" de Mamá cabra.
Nós traballamos cun conto moi bonito, baseado nunha historia real, que a profe Begoña quixo regalarnos, a través dun power point maravilloso.
"Wangari e as árbores da paz".
Retomaremos esta historia para futuras propostas.
E.. ó día seguinte tivemos un contacontos moi especial. Diana, a nai de Mauro, veu contarnos unha historia sobre a tolerancia e a Paz, "Los caballeros de colores", que nos gustou moito e que finalizou cunha mostra en forma de experimento, na que todas as cores se entremezclaban, como símbolo do importante que é levarnos ben e poñernos dacordo.
CELEBRAMOS CUMPREANOS
Nayra estivo de cumpreanos o día da Paz, e trouxo moitas cousas ricas para compartir con nós, e como sempre facemos lle cantamos para que soprase as candeas, e xa 5 aniños!
En xaneiro tamén celebramos o cumpre de Pablo, aínda que él cumpriu nas vacacións de Nadal, 4 anos.
CONTINUAMOS COAS DISTINTAS TAREFAS RUTINARIAS E DO DÍA A DÍA
ROBÓTICA
DICCIONARIO
Aquí montamos palabras con letras móviles, cos compañeiros de equipo.
LÓXICA-MATEMÁTICA
Traballando no libro de lóxica-matemática.
TIC- ATENCIÓN, MEMORIA, LECTO-ESCRITURA
REXISTRO DOS LIBROS QUE LEVAMOS PARA CASA NA FIN DE SEMANA
MOMENTOS DE RUTINAS, XOGO LIBRE E NOS DISTINTOS RECANTOS
Observando a gráfica que amosa cántos días faltamos cada un neste mes.
Pasando lista no noso calendario dixital, onde tamén temos marcados os aniversarios de cada un e podemos anotar o tempo atmosférico e outras datas especiais.
A ver qué nos reserva febreiro!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario