domingo, 18 de febreiro de 2018

Festexamos o entroido en Educación Infantil



Días atrás celebramos o Entroido na escola co noso tradicional desfile de disfraces e actuacións. 
En educación infantil dramatizamos o baile da Marajota e foi moi moi divertido.



Os nenos e nenas de infantil estabamos guapísimos e estilosísimos cos nosos traxes de cuncha de vieira, que as familias, semanas antes, confeccionaron nun obradoiro na escola. Gracias familias pola vosa colaboración!! 
Pinchade na seguinte fotografía para ver máis fotos dos obradoiros.

https://www.flickr.com/photos/ceipparadacampano/albums/72157661618953368/page2/

Ademáis, nesta semana, despois duns días de asueto e festas, desfrutamos da historia sobre o loro Ravachol, tan popular en Pontevedra, e o fixemos da man e da voz dunha contacontos moi especial, a profe María, que escribiu un libro sobre o noso loro Ravachol e nolo contou gustosamente.


Tamén dramatizamos o tradicional "enterro do Ravachol" e pasámolo xenial entre risas e choros.


Ademáis, apareceron nas aulas de infantil unhas fermosas prumas de cores que nos deixaron abraiados e coas que sempre recordaremos a Ravachol.


 Para poder ver as fotos de todo o que vos contamos, pinchade a continuación.

https://www.flickr.com/photos/ceipparadacampano/albums/72157690290528282 

E para ver cómo transcurriu a xornada adicada ó "loro Ravachol", a continuación vos amosamos un pequeno video co máis destacable.
Preparade os panos....!!!

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario