venres, 23 de febreiro de 2018

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA!!

O noso colexio súmase á iniciativa #AbrideAfiestra da AELG, realizando un montón de actividades para conmemorar un ano máis, o aniversario do nacemento da nosa querida escritora e embaixadora da lingua galega, Rosalía de Castro.

Así que, para dárlle visibilidade ao 24 de febreiro, decidimos inundar as nosas fiestras do colexio de Rosalías.




Tamén as pintamos como máis nos gustou a cada un de nós, e expuxémolas posteriormente na entrada do centro.



Dende as clases, traballáronse distintos poemas da autora, cantamos cancións en homenaxe á escritora, realizamos actividades creativas co seu nome e repartimos como agasallo, pegatinas da "Rosalía trobadora".



Ningún comentario:

Publicar un comentario