Nas primeiras semanas de curso, ademáis de coñecer a nova aula, os novos recantos e materiais, fomos creando algúns nós mesmos, como é o caso das nosas bandexas para a hora da merenda.
Así, aproveitando follas de árbores que caíron agora no outono, pintamos estas follas con témpera de cores para logo estampar a súa pegada nunha cartolina.
Unha vez que as pegadas secaron, terminamos de decorar a nosa bandexa con gomets, coa única consigna de non pegalos por riba de onde estampáramos. Ademáis de escribir o noso nome e pegar a nosa fotografía.
E por último, só faltaba colocalas nun prástico e pasalas pola "plastificadora", unha máquina que as volvería duras.Quedamos abraiados ó ver cómo entraban polo oco sendo brandiñas e saían sendo duras.
Agora cada día o encargado reparte as bandexas na hora da merenda e así contribuimos a ter un pouco máis limpas as mesas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario