Fixéronse grupos mixtos, é dicir, fixéronse grupos duns 15 nenos e nenas aproximadamente e tiñan que ir rotando polos 4 obradoiros organizados en 3 aulas e no comedor:
1ª AULA: obradoiro de dedos de bruxa
2ª AULA: obradoiro de mans de bruxa
3ª AULA: obradoiro de vasoiras de bruxa
4ª AULA: obradoiro de arañas
Cada grupo contou coa colaboración duns monitores moi especiais: 8 monitores de 1º EP e 8 monitores de 3ºEP. Axudaron ó alumnado na elaboración dos postres, así como cambialos de aula para realizar a seguinte tarefa.
Ó rematar, fixemos un pequeno descanso na Rufiteca onde a nai de Mauro, de 4 anos, contoulles a historia de "A BRUXA REGAÑADIENTES", con motivo da celebración do Samaín.
Despois saíron ó recreo onde les agardaba a tan desexada repostería terrorífica que non lles producíu miedo ningún xa que, de todo o elaborado, so quedaron as migas!!!!!! Foron auténticos devoradores de arañas, vasoiras, dedos e mans de bruxas!!!!
Para ver mais fotos da galería, PINCHADE NA FOTO DE ABAIXO.
genial no me extraña que llegarán sin hambre😉un buen trabajo👍
ResponderEliminar