Páxinas

domingo, 22 de outubro de 2017

Facemos a nosa bandexa das merendas- Infantil 4 anos



Nas primeiras semanas de curso, ademáis de coñecer a nova aula, os novos recantos e materiais, fomos creando algúns nós mesmos, como é o caso das nosas bandexas para a hora da merenda.


Así, aproveitando follas de árbores que caíron agora no outono, pintamos estas follas con témpera de cores para logo estampar a súa pegada nunha cartolina.





Unha vez que as pegadas secaron, terminamos de decorar a nosa bandexa con gomets, coa única consigna de non pegalos por riba de onde estampáramos. Ademáis de escribir o noso nome e pegar a nosa fotografía.


 
E por último, só faltaba colocalas nun prástico e pasalas pola "plastificadora", unha máquina que as volvería duras.

Quedamos abraiados ó ver cómo entraban polo oco sendo brandiñas e saían sendo duras.







Agora cada día o encargado reparte as bandexas na hora da merenda e así contribuimos a ter un pouco máis limpas as mesas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario