Hai unhas semanas retomamos a experiencia de patios dinámicos que o curso pasado iniciamos.
Igual que o curso pasado, se levará a cabo na hora do recreo dos LUNS.
E antes de dar comezo, levouse a cabo unha reunión co alumnao de 5º e 6º de primaria para pedir a súa colaboración como voluntarios e explicarlles os xogos e as normas de participación neles.
Os nosos compañeiros de primaria estaban desexosos de comezar e foron moitos/as os que se anotaron.
O material, ó igual que o curso pasado, está todo colocado no mesmo recanto para facilitar que cada voluntario/a colla o que necesita para os xogos e o devolva ó rematar.
E cada luns que se leven a cabo os xogos (se a choiva o permite) os voluntarios/as mirarán no listado da entrada a quen lle toca e en que xogos e patio (de infantil ou de primaria).
Ademáis, este curso, os voluntarios estrearon uns chalecos moi chulos co logo dos patios, para que o resto de compañeiros poidan identificalos mellor.
Aquí vos deixamos algunhas fotos dos distintos xogos.
INFANTIL
PINTAR CON XICES
XOGO DE RODA "OVO PODRE"
O PANO
PRIMARIA
CAMBIO DE CASA (similar ás 4 esquinas pero con 8 participantes nas casas en vez de 4)
O PANO
XOGO TRANQUILO
Ningún comentario:
Publicar un comentario