Páxinas

mércores, 31 de outubro de 2018

Día das Bibliotecas-- Infantil 5 anos



O pasado 24 de outubro celebramos no colexio o día das Bibliotecas escolares e na nosa aula así preparamos esta data tan especial.


martes, 30 de outubro de 2018

ASÍ "SAMAIZÁMONOS" OS DE 4 ANOS

Xa chegou o Samaín e, o alumnado de 4 anos, levou a cambo moitas actividades nestes días:

PRIMEIRO: trouxeron cabazas decoradas para a exposición que hai polos corredores do colexio. Nos estamos na planta baixa xunto as escaleiras. A verdade e que as familias fixeron un bo traballo o fin de semana!



SEGUNDO: escoitaron o conto de "Corre, corre, cabaciña" e desfrutaron escoitando e aprendendo a canción que Mamá Cabra:





TERCEIRO: levaron a cabo uns obradoiros de Cociña Terrorífica nas diferentes aulas. Nesta ocasión, formamos equipos mesturados nas aulas e realizaron:

                                                    EQUIPO VERMELLO: brebaxe máxico

                                           EQUIPO AZUL: gominolas de sangue

                                           EQUIPO AMARELO:  arañas de galleta

                                           EQUIPO VERDE: tumbas de chocolate


Despois levamos todo para o ximnasio e alí disfrutamos dun BUFFET de ultratumba entre todos.


E, ó rematar, compartimos o "pouco" que sobraba cos compañeiros/as do centro que quixeran:


E, como último, nesta semana traballamos arredor da canción  "SAMAÍN" de Brinca Vai, facendo a nosa versión do videoclip, AGARDAMOS QUE O DISFRUTEDES!!


sábado, 20 de outubro de 2018

Recibimos unha visita e un agasallo moi especiais en infantil 5 anos



Este venres recibimos a visita da nai de Nayra, Nuria, para ensinarnos unha preciosa casiña e contarnos cómo a fixeron e por qué. Foi unha tarefa que levaron a cabo para a gardería da irmá de Nayra e traballaron moito moito pero o resultado foi maravilloso.


 A fixeron con corchos das botellas, que tiveron que cortar e pegar con moita exactitude para que quedara así de chula.

Agora que xa lla devolveron da gardería, falaron e decidiron que como na escola estamos decorando a entrada con dúas enormes árbores, qué mellor lugar que éste para pendurar a casiña dos paxaros.

Moi pronto a veremos pendurada decorando a nosa escola e Nayra irá crecendo, pasarán os anos, e a casiña sempre estará ahí para recordarlle uns momentos estupendos da súa vida.

MOITAS GRACIAS NAYRA E FAMILIA!!

Comezamos cos experimentos na aula de 5 anos




Este  xoves demos comezo por fin ó primeiro experimento, que nesta ocasión se divide en dúas partes, e teremos que esperar uns días para ver o resultado.
O protagonista era un "ovo" e tamén o "vinagre".
Todos cheiramos o vinagre, nun principio, intuíndo de qué podía tratarse e retirando a veces a cara porque o seu cheiro á maioría non nos gustou.
Ángela explicounos que o meteríamos nun vaso, totalmente cuberto por vinagre e debíamos esperar uns días a ver qué sucedía.
Fixemos propostas sobre o que sucederá nestes días co ovo. Éstas son algunhas:

-ESTOUPARÁ.
-CAMBIARÁ DE COR.
-ROMPERÁ.
-NACERÁ UN POLIÑO.
-QUEDARÁ SEN CÁSCARA E PARTIRÁ.
Cada equipo de nen@s cubreu o seu ovo con vinagre e etiquetou o vaso para telo localizado cando volvamos o luns e vexamos qué sucedeu.






Nesta sesión tamén aproveitamos que estabamos organizados en recantos, para comezar a traballar na mascota da aula. Recordades que a familia de Alejandro nos trouxera a estructura? A fixeron con tubos e unha maceta, máis aramio para as orellas.



Cada equipo rasgou papel de xornal, que logo había que empapar en cola con auga nunha gabeta, para pegar sobre a estructura.



Todavía queda moito por facer para que se transforme en Carolina, pero imos por bo camiño!!
 




 

martes, 16 de outubro de 2018

A profe Rocío

Este pasado xoves despedimos a nosa compañeira Rocío despois de vivir con ela unha chea de boas  vivencias.




Desexámoste que se sexas moi feliz na tua nova vida!

Unha visita moi especial

O alumnado de primeiro tivo una visita moi especial. Catro agarimosas mulleres dun centro de dia de maiores lles axudaron a facer unha divertida planta "peluda".



Bravo por elas!

venres, 12 de outubro de 2018

En que andivemos a traballar nestas semanas- Infantil 5 anos


Nestas semanas de outubro andivemos moi ocupados con un montón de tarefas, que vos contamos agora.

 Finalizando setembro foramos polas clases para pedir aos compañeir@s e profes que nos facilitasen un listado cos seus nomes e lles explicamos que os necesitamos para investigar qué nomes se repiten moito e cales pouco ou nada e con ista información crear unha gráfica ou estatística nun enorme mural.


Comezamos elaborando un listado cos nosos nomes e a a partir de éste, cada vez que nos chegaba a clase un listado dunha aula, despóis de ler todos os nomes, anotábamos os novos, que non se repetían,



e como eran bastantes debiamos comezar novas columnas.


Os que sí se repetían, os marcabamos cun cadrado vermello de papel adhesivo, que pegamos ó lado do nome en cuestión, tantos cadrados como veces se repetiran.





Só nos faltan un par de aulas para seguir cotexando e cando rematemos, organizaremos toda esta información de xeito que se poida entender perfectamente cales non se repiten nin unha vez e cales varias, a través dunha GRÁFICA.

Aproveitamos para traballar con estes diversos listados de alumnos, e en fichas, unhas veces os enumeramos, outras buscamos os nomes repetidos, emparellamos co nome en minúsculas, buscamos letras neles.....


Tamén en setembro estivemos a falar e decidir sobre qué temas nos gustaría investigar na aula e aprender novas cousas.
Houbo unha extensa proposta, sobre a que votamos un par de veces.



 

Para finalmente facer unha terceira e última votación sobre os temas máis votados, que foron: ÁGUIAS, PAXAROS, LEÓNS e SUPERHEROÍNAS.







 O TEMA GAÑADOR FOI OS LEÓNS!! Vos iremos contando cómo vai indo a nosa investigación.


Ademáis tivemos na aula unha sorpresa que nos gustou moito. A familia de Alejandro estivo traballando para obsequiarnos cunhas marionetas, que eles, a partir de teas, cortaron e coseron. Alejandro tamén colaborou, pois tiña que contalas ben para que non faltara ningunha xa que na clase somos 20.

 

Este agasallo o completaremos na aula, pegándolle ollos, narices, bocas, cabelo e todo o que nos ocurra. Isto o faremos máis adiante, a través dos equipos, que sempre é máis doado para organizarse, e para ser productivos, axudándonos uns ós outros.
 Polo momento anotamos nun folio a cor que nos gustaría ter a cada un e cando nos poñamos dacordo no reparto, daremos comezo.
 A familia de Alejandro ademáis tamén nos regalou unha estructura feita con tubos e unha maceta, para que poidamos confeccionar a nosa mascota "Carolina" en tamaño xigante e tridimensional, e así tela sempre nun recantiño da aula. Pero isto volo contaremos noutro momento e vos amosaremos cómo é.




Polo de pronto,  Moitas Gracias Sheila, Candu e Alejandro!!!


Nos despedimos cunhas fotos de algúns momentos vividos na aula, nos distintos xogos ou recantos.




 
 




 















 

luns, 8 de outubro de 2018

Consensuamos as normas de aula deste novo curso- Infantil 5 anos




Como en cada comezo de curso, é importante recordar as distintas normas que rexerán a convivencia na escola e máis particularmente, na aula, ese espacio no que pasamos tanto tempo xunt@s.
Por equipos as anotamos para o mural e as representamos para unha fotografía que as reflexaría moi ben acompañando o texto.













PEDIR  A  QUENDA  PARA  FALAR
Éstas  son  as  normas  consensuadas:



COIDAR  AOS  COMPAÑEIROS
SENTARNOS  BEN
COMPARTIR O  MATERIAL

FALAR  BAIXO  
COIDAR  O  MATERIAL

RECOLLER  Ó  REMATAR












ESTAR  ATENTOS

ANDAR  AMODO



Individualmente levamos nun folio todas estas normas para  ter  na  casa e  tamén para explicalas ás familias.



Temos o  mural das normas moi pretiño de nós e así sempre que xurde un problema acudimos a él para recordar cómo facer.