sábado, 20 de outubro de 2018

Recibimos unha visita e un agasallo moi especiais en infantil 5 anos



Este venres recibimos a visita da nai de Nayra, Nuria, para ensinarnos unha preciosa casiña e contarnos cómo a fixeron e por qué. Foi unha tarefa que levaron a cabo para a gardería da irmá de Nayra e traballaron moito moito pero o resultado foi maravilloso.


 A fixeron con corchos das botellas, que tiveron que cortar e pegar con moita exactitude para que quedara así de chula.

Agora que xa lla devolveron da gardería, falaron e decidiron que como na escola estamos decorando a entrada con dúas enormes árbores, qué mellor lugar que éste para pendurar a casiña dos paxaros.

Moi pronto a veremos pendurada decorando a nosa escola e Nayra irá crecendo, pasarán os anos, e a casiña sempre estará ahí para recordarlle uns momentos estupendos da súa vida.

MOITAS GRACIAS NAYRA E FAMILIA!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario