xoves, 17 de maio de 2018

Un agasallo moi especial (Infantil 4 anos)



Hai unhas semanas  estiveron  no  cole  algúns membros e usuarios da asociación SARAIVA (centro de día para persoas maiores) e fixéronnos un agasallo moi especial a todos os nenos e nenas de Infantil: unhas marionetas, feitas por eles mesmos, e que  lles entregaron ós nosos compañeiros de 5 anos.

Cando nolas entregaron os compañeiros para que as víramos e quedáramos con unha (pois eran tres, unha para cada aula), decidimos votar para ver cal era a máis elixida e isa sería a que se quedaría con nós.

Utilizamos as regletas e así un a un fomos colocando a nosa regleta na marioneta que nos gustaba máis.

E a marioneta gañadora foi a da esquerda, cor chocolate, que obtivo 10 votos(ese día cadrou que faltaba algún compañeiro, pero estas cousas xurden cando xurden..). Cando nos puxemos a pensar nun nome, un compañeiro suxeriu que se podía chamar Carolina (un nome moi especial para él) e a todos lles pareceu un nome xenial.

Así que agora temos "mascota" na aula, xogamos con ela ás veces, outras nos conta algunha cousiña e nos fai rir moito e tamén de cando en vez se berramos de máis no momento dos recantos, algún compañeiro vennos a dar o recado de que Carolina nos pide que non berremos e tentamos facelo mellor para que estea moi tranquiliña.

Tamén a debuxamos e escribimos o seu nome, xunto á súa foto para logo amosarlla en casa ás familias.







Encantounos o agasallo e lle escribimos, xunto cos compañeiros de 5 anos, e cos de 3 anos (que o fixeron a través dun video) para agradecerlles moito que pensaran en nós e nos regalaran algo tan especial.
Como neses días estreábamos pizarra dixital, probamos a escribirlles a carta na pizarra e así enviala a través de correo electrónico.



Da gusto recibir agasallos como éste!!!









Ningún comentario:

Publicar un comentario