Non hai nada máis divertido e motivador que debuxar. Gústanos innovar e deixar voar a imaxinación pero sempre hai algún que teme facer algo porque di "NON SEI".
Así que,para axudar a aqueles que lles custa comezar, entre todos imos debuxamos unha CASA na pizarra para logo reproducila eles mesmos coas súas propias aportacións:
- Ante a dúbida de se empezar polo tellado ou polas paredes, gañou o tellado. Así que precisamos un triángulo para facela (semella unha A)
- Despois facemos dúas paredes.
- Logo engadímoslle a porta (coa manilla para poder abrila, por suposto).
- Puxemos 2 fiestras (que non son 2 "fiestas" onde hai colchonetas como dicían) e unha estaba pechada e outra aberta porque se lle vían as cortinas.
- IMPORTANTÍSIMO facer a cheminea "con fume".
Quedou pendente engadir o garaxe (como dixo Sofía Bu.) pero imos deixalo para outro día, como a proposta de Pablo F. de aprender a debuxar un león.
Así que hoxe fixemos estas pequenas obras de arte que tamén reflexan a súa evolución madurativa. Agardamos que vos guste.
Ningún comentario:
Publicar un comentario