venres, 23 de marzo de 2018

Máis cousas do camiño na aula de 4 anos!



Vos contamos cómo nos foi no último mes co proxecto do Camiño de Santiago.
Os pais dun compañeiro viñeran no mes de xaneiro a contarnos algunhas cousas do seu "camiño", que viviron hai uns anos. E nós, na aula, resumimos a súa visita, a través de fotos e texto, nun pequeno mural con forma  de vieira.



Unhas semanas despois, ademáis, viñeron traernos un agasallo moi especial: dúas capas de peregrino!! que a nai de Alejandro coseu para nós, para o noso recanto de disfraces.


Moitas gracias Sheila! Nos encantaron e as usamos moitísimo no recanto da casiña, cando facemos xogo simbólico.


Tamén nos deixaron algún material significativo e interesante: as cunchas que levaban colgadas, as credenciais, a compostelá, cabazas secas, unha pulseira..

Ademáis dun buho peregrino, para que coide moi ben de todo o material.

Continuamos a responder ás preguntas e plasmalas no mural así como outras curiosidades

E a completar o noso dossier individual do camiño, con todas estas cuestións.

Aquí temos que facernos con seis palabras dos animais do camiño

Para   logo  pegalas  na foto correspondente, fixándonos no son e grafía polos que empezan.



















Ademáis, levamos a cabo diversas actividades do camiño utilizando outras linguaxes:

Matemática- contando, relacionando, orientándonos, programando


Unha das actividades de robótica, consistiu en axudar a bee-bot a percorrer o camiño desde O Cebreiro a Santiago, como fixeran os pais de Alejandro.


Para levalo a cabo, primeiro observamos o percorrido, e axudándonos da cuadrícula para poder contar os pasos, entre todos dimos sacado as distintas accións que tiñamos que facer e as teclas que había que premer, anotándoas nun folio, para que bee-bot se movese na dirección correcta.

No folio tamén pintamos  os cadrados polos que transcorría o percorrido; isto nos fixo máis doado entender os  pasos que debía dar.

E cando tiñamos completa a folla, facíamos unha "lectura" ou decodificación individual e premíamos en beebot as distintas accións: tres pasos para adiante,
xira á dereita, un paso para adiante, xira  á esquerda......







Corporal- Nunha sesión que levamos a cabo con teas, coas que experimentamos de diversas maneiras, coas que xogamos, bailamos,...que situamos no noso corpo





fomos xuntando as nosas teas, para dar formado un longo camiño, que atravesamos de distintos xeitos, xogando a ser diferentes persoaxes.





Artística- A partir dunhas estampacións libres que fixemos con témpera e tapóns de corcho
 Nelas, trazamos camiños, lungos, curtos, anchos, estreitos, de distintas cores, imaxinando qué podían representar as manchas estampadas, e poñéndolle un título, cada un á súa creación.
Pedimos axuda ós compañeiros de 5 anos para que  viñeran elixir, cada un, unha obra de entre todas que lle gustara moito.
Cada obra estaba marcada cun número, do 1 ó 19, que é o total de nenos da aula.

E despois de elixir cada neno/a a súa, o rexistraban nun listado cun gomet ó lado do número que elixiron.

Vos preguntaredes para qué fixemos esta votación! Pois porque a obra que saíra elixida, a utilizaríamos  para "xogar a pensar", no terceiro trimestre. 

E a lámina elixida foi a  de Pablo
 
 
Xa vos contaremos cántas cousas interesantes saen dela.

Noutra sesión, rematamos as nosas composicións engadíndolles distinas formas troqueladas: casas, bolboretas, flores....
E así de coloridas nos quedaron!! Premede na foto para ver todas as composicións.

https://www.recursoseducativos.net/software/revistas/index.php?alto=100&revista=FACEMOSCAMINHO







Ningún comentario:

Publicar un comentario