Ola familias!
Este é o primeiro traballo relacionado co obradoiro de
arte que subimos ao blogue. A duración deste obradoiro será todo o curso, e dedicarémoslle unha sesión
semanal.
Con este obradoiro pretendo transmitir a importancia de dedicarlle
un tempo a mirar cada pintura, a importancia de comprobar as posibilidades que
nos dan as obras de arte para espertar o maxín e o interese pola arte.
O
traballo a partires da arte permite: ensinar aos nenos e nenas a mirar, pero
tamén a escoitar, a dialogar, a interpretar, a inventar, a desfrutar das obras
e a ser conscientes do seu propio gusto. Trátase de poder razoar o gusto,
explicar por que unha obra, unha liña ou unha cor son atractivas.
Un
obxectivo importante que persigo é que aprendan a pensar en termos de
sensacións, cores, formas, composicións; ser bos contempladores; que desfruten
pero que critiquen, que teñan un criterio e sexan capaces de crear.
Nesta primeira aproximación á arte,
pintamos utilizando unha caixa, unha bola e témperas de cores. Finalmente
decoramos o marco con pedriñas de cores.
Agardamos
que desfrutedes tanto coma nós facendo estas obras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario