mércores, 6 de decembro de 2017

Investigando en torno ó Camiño de Santiago- Infantil 4 anos

No mes de outubro, un día Ángela comentounos que un familiar dela estaba facendo o Camiño de Santiago. O seu nome fíxonos moita gracia, TOTÉ.




Vimos unha foto de Toté, fixándonos en donde se atopaba, cómo ía vestido.
Nos gustou Toté!! E o debuxamos individualmente.








Tamén vimos proxectadas moitas fotos que él lle enviou a Ángela, nas que moitas eran de camiños, paixaxes, igrexas, ríos, pontes....todo o que él vía no seu percorrido.


Nun mapa de España que pegamos nun mural, vimos onde se atopaba o lugar desde o que él partiu, Roncesvalles.


Neste mural tamén quedou rexistrado qué cousas sabíamos do "Camiño de Santiago", os nosos coñecementos previos. Cousas como éstas:


-ES UN PASEO.
-ES MUY LARGO.
-ESTÁ LEJOS.
-HAY MUCHAS CASAS POR ESE CAMINO.
-TIENES QUE IR CAMINANDO TODA LA NOCHE.
-HAY PIEDRAS POR ESE CAMINO.
-HAY MUCHOS ÁRBOLES QUE LES CAEN LAS HOJAS.
-FUI ANDANDO POR EL CAMINO DE SANTIAGO.
-HAY MUCHAS HOJAS QUE SE CAEN ENCIMA DE LAS PIEDRAS, POR EL CAMINO.
-HAY MUCHOS CAMINOS DE TIERRA.
-YO VOY AL MÉDICO A SANTIAGO.
-YO UNA VEZ FUI A SANTIAGO CON MIS PADRES.
-YO VI UNAS FLECHAS DEL CAMINO DE SANTIAGO, POR LA CALLE EN PONTEVEDRA. ME LO DIJO MI MADRE, QUE ERAN DEL CAMINO.
-PUEDE HABER OSOS.






A profe plantexounos se queríamos saber, averiguar ou investigar cousas sobre o camino, se tiñamos preguntas que quixésemos resolver.
Polo momento éstas son as cousas que queremos saber, pero segurísimo que irán aparecendo moitas outras ó longo do proxecto:


-NECESITAS UN MAPA PARA FACER O CAMIÑO E PARA VOLVER A CASA?
-QUÉ ANIMAIS SE VEN FACENDO O CAMIÑO DE SANTIAGO?
-OS CAMIÑOS POR ONDE VAN OS PEREGRINOS SON TODOS DE TERRA OU SON DIFERENTES?


Á aula chegou misteriosamente un sombreiro de peregrino,

e o encargado todos os días o pon para facer as rutinas: pasar lista, contar ós compañeiros...

Ademáis no cole na entrada, nun mural hai tres  camiños  enormes, que entre todos os nenos do cole confeccionamos, pegando trociños de papel, e pedíronnos como actividade de colaboración coas familias decorar un peregrino coa nosa foto.
Cando os tivemos todos en calses os pegamos, elixindo o camiño que máis nos gustaba.







Na aula, a través dos equipos cooperativos, fixemos unha primeira actividade de clasificación dalgunhas das fotografías que Toté enviara. Había catro grupos: iglesias e monumentos, montañas, camiños, ríos.







Organizándonos para colaborar todos, demos clasificado e pegado as fotos no mural.







Para responder á pregunta de qué animais se ven polo camiño, algúns compañeiros suxeriron que Toté podía vir á escola a contarnos, pero Toté atopábase lonxe así que finalmente despois de moitas ideas e darlle moitas voltas ó tema, alguén propuxo que lle enviáramos unha mensaxe preguntándolle.
Varios compañeiros se ofreceron a preguntarlle e Ángela envioulle a mensaxe por teléfono.
Toté respondeunos encantado e contounos que él finalmente só puidera estar facendo o camiño durante unha semana porque se lesionou nun pé.
Os animais que él puido ver foron:






Un zorro, unha cerva coas crías e algunhas  aves rapaces.


Tamén fixemos algunhas sesión de "xogar a pensar". Nunha delas, como nun dos tesouros que de cando en vez nos chegan, apareceron unhas conchas de vieira, xogamos a pensar con elas.




Que son, onde as víchedes, en que se poden transformar,  para que sirven.
Xurdiron moitas ideas sobre en que se podían transformar, pero a primeira de todos por suposto foi en instrumento musical!




Cada un fixo a súa melodía libremente e logo a profe foi facendo distintos ritmos con cucnhas e partes do corpo, que nós debíamos repetir.
Ritmos, intensidade, máis rápido ou máis despacio...

Tamén xogamos a ir colocando de un en un unha cuncha para crear algo con elas e cada vez que un de nós colocaba a súa cuncha, debía dicir unha palabra que lle viñera á cabeza relacionada con "camiño".






Como o fixemos en dous grupos saíron dúas creacións distintas áinda que bastante parecidas.






Agora tocaba imaxinar a qué se parecían...foi moi divertido!

As cunchas gustáronnos moito e agora as temos incorporadas ao recanto de construcción e con elas tamén creamos e disfrutamos.





Tamén xogamos a pensar cunha fotografía que Toté nos enviou.


Os diálogos destas dúas sesións irán cos nosos traballos a casa para poder velos máis detidamente.
Despois de dialogar sobre a foto, facer inferencias, imaxinar, inventar, reproducimos a foto en papel individualmente.





Esta imaxen tamén orixinou outras actividades que están en proceso e que vos contaremos próximamente.

Este curso con motivo do Camiño de Santiago, decidimos decorar a nosa porta da aula, confeccionando un mural no que tentamos reflexar o que vemos cando imos camiñando polo campo: paos, pedras, follas, herba, árboles....
Un dos días que facemos propostas cooperativas, e de xeito organizado, mentres outros compañeiros estaban en distintos recantos, cada equipo despois de participar nunha pequeña actividade cooperativa pintamos libremente  ata ir compretando o noso mural do camiño.





Despois de rematar os catro equipos, engadimos con cola, unhas pedriñas pequeniñas, que en realidade eran sementes.




Pintamos árbores en papel de xornal e tamén nos debuxamos a nós co gorro de peregdrino, camiñando polo noso "camiño".

Aínda nos queda por engadir imaxes de cunchas de vieira nas que cada un escribirá a palabra camiño noutra lingua. Escoitamos como se dí en italiano, inglés, francés, alemán, vasco, portugués........porque son moitas as persoas doutros países que seguramente vaian camiño a Santiago.




De momento o proxecto vai moi lento pois son moitas as tarefas que temos que levara a cabo ó longo da semana.




Pero pouco irán xurdindo máis preguntas e descubrimentos e iremos enchendoo noso mural  con moitas cousas interesantes. Xa vos contaremos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario