Os alumnos de 5ºEP participan no proxecto "Ponte a.... xogar" en colaboración cos colexios de Xeve e Lerez para a mellora do uso do galego nos escolares do concello de Pontevedra.
O norteamericano e galego-falante Mark visitounos para mostrarnos como se constrúe un papaventos. Nòs aprendemos enseguida e, noutra sesión, fixemos unha gravacion para mostrarllo aos nenos de Lerez e Xeve.
Por último saimos ao patio para comprobar o ben que voaban as nosas creacións e quedamos moi contentos. O próximo martes, 21 de marzo, teremos a xornada de convivencia para compartir con eles as experiencias.
Para ver más fotos, pinchar en la foto de abajo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario