mércores, 8 de marzo de 2017

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Desde o colexio queremos homenaxear o día de hoxe, 08 de marzo, DÍA DA MULLER TRABALLADORA de varias maneiras, entre as que destacamos o mural que hai na entrada do colexio onde amosamos o gran traballo de mulleres artistas como Frida Kahlo, Julia Minguillón, Maruja Mallo,...onde ocupa un lugar primordial OLGA MARTÍNEZ, pintora de Pontevedra que este venres 10 vén visitarnos ó colexio.



    Nas aulas traballouse a obra "Sorpresa del trigo"de Maruja Mallo, na que se realizou unhas tarxetiñas para cada neno e visualizouse un pequeno vídeo explicativo da obra (que podedes visualizar pinchando na seguinte imaxe):


     Os de infantil do cole tamén homenaxearon este día a través de diversas actividades. A continuación podedes ver un pequeno vídeo do alumnado de 5 anos en homenaxe as Mulleres traballadoras das súas vidas: as nais.




E en 2º de Primaria aprendemos moito sobre a vida de Amelia Earhart, a primeira muller piloto así como das famosas escritoras, as irmáns Anne, Charlotte e Emily Brontë.







Ningún comentario:

Publicar un comentario