xoves, 21 de xaneiro de 2016

Traballando as emocións coas tabletas en 6º de Infantil

O traballo por proxectos é unha ferramenta poderosa para á aprendizaxe na escola, e tamén o é o traballo cooperativo entre o profesorado. Aproveitando que a titora de 6º de Infantil traballou as emocións a través do libro "O monstro de cores", dende a clase de TICs continuamos este proxecto do seguinte modo:


Mediante as tabletas e traballando en equipos pequenos (parellas e grupos de tres) empregamos o programa Bosquexo (Sketches) para tratar de ordear as nosas emocións.


En primeiro lugar sacamos unha foto d@ nos@ compañeir@ interpretando unha emoción. A continuación, tal e como fai o noso querido monstro, empregaremos un código de cores para identificar o sentimento traballado.


Así a ledicia sería a cor amarela, a tristura a azul, á xenreira corresponderíalle a cor vermella... 


Despois, complementamos a emoción con debuxos representativos (bágoas ou nubes para a tristura, raios e tronos para a xenreira, etc.).

Unha vez rematado imprimimos as nosas emocións e expoñémolas na aula. Mirade este pequeno vídeo onde se ve o resultado final do noso traballo. Agardamos que vos guste, pero ollo! isto aínda non rematou ;)


Ningún comentario:

Publicar un comentario